Dog Man Star é o segundo álbum da banda inglesa de rock alternativo Suede, publicado o 10 de outubro de 1994 a través do selo Nude Records. O disco gravouse no estudio londiniense Master Rock a comezos de 1994 e foi producido por Ed Buller. Este foi o derradeiro álbum do grupo en contar co guitarrista Bernard Butler, debido a que a tensión que existía entre el e o vocalista Brett Anderson foi medrando ata que Butler deixou a banda antes de que rematasen o disco. Como resultado, algúns temas do álbum tiveron que ser rematados coa axuda de músicos de sesión.

En contraste co seu álbum de estrea Suede, que amosaba influencias de David Bowie e os Smiths, Dog Man Star exhibe unha estética máis variada e baséase nunha gama máis ampla de influencias. Aínda que non se vendeu na mesma escala que o seu predecesor, alcanzou o número tres na lista de álbums do Reino Unido e foi certificado como ouro pola BPI en novembro de 1994. Descrito por Rolling Stone como "un dos álbums máis pretenciosos xamais publicados por unha gran discográfica",Sheffield, Rob (2004). "London Suede". In Brackett, Nathan; Hoard, Christian (eds.). The New Rolling Stone Album Guide (4ª ed.). Simon & Schuster. pp. 493–94. ISBN 0-7432-0169-8 o disco foi lanzado nun clima musical británico diferente ao da súa discografía anterior.Paterson, Colin (1 de marzo de 1995). "New Suede Blues". The Scotsman. p. 16 Fóra da escena musical convencional, a banda afastouse do "paquete de bandas do Britpop".

Aínda que Dog Man Star foi aclamado por moitos críticos como unha obra mestra, a tendencia cara ao "lad pop" viu como o seu éxito nas listas e nas vendas se ocultaba. Foi xeralmente pasado por alto naquel momento,Seale, Jack (17 de maio de 2012). "The joy of difficult second (or third, or twelfth) albums". Radio Times e polarizou á crítica estadounidense, algúns cualificándoo de pretencioso. Co tempo, o álbum foi gañando un maior recoñecemento por parte da crítica. Na década transcorrida entre a separación de Suede en 2003 e o lanzamento de Bloodsports, Dog Man Star gañou constantemente un forte número de seguidores como disco de rock clásico. En outubro de 2013 a revista NME colocou o álbum no número 31 da súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Suede Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums producidos por Ed Buller Categoría:Álbums de Nude Records