A dos miomorfos (Myomorpha) é unha suborde de mamíferos roedores que inclúe, entre outras especies, os hámsters, os lemmings, os xerbos, as cortas, así como os ratos e as ratas.

Taxonomía A suborde foi creada en 1855 polo naturalista alemán Johann Friedrich von Brandt.Myomorpha Brandt, 1855 en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference ed. Baltimore, Mariland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.

Na actualidade comprende 1137 especies viventes incluídas en dúas superfamilias con sete familias:

Suborde Myomorpha Superfamilia Dipodoidea Familia Dipodidae - xerbos (ratos saltadores) e sicistas Superfamilia Muroidea Familia Platacanthomyidae - leiróns espiñentos Familia Spalacidae - ratas-toupa cegas, ratas do bambú e hámsteres-toupa Familia Calomyscidae - calomiscos Familia Nesomyidae - ratas e ratos de Madagascar, ratos gabeadores, ratos rupícolas pigmeos e a rata de cola branca Familia Cricetidae - hámsteres, ratas de auga, lemmings e ratas e ratos do Novo Mundo. Familia Muridae - ratos, ratas e especies afíns

Etimoloxía O termo Myomorpha está formado pola unión dos elementos do latín cietífico myo-, tirado do grego antigo μῧς, μυός mỹs, myós, "rato", e -morpha, forma plural derivada do elemento do grego antigo -μορφος -morphos, de μορρφή morphḗ, "forma". Literalmente: "os que teñen forma de rato".

Notas

Véxase tamén Bibliografía Carleton, M. D. e G. G. Musser (2005): "Order Rodentia", pp 745–752 en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Baltimore, Mariland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4. Clutton-Brock, Juliet (ed.) (2004): "Mouse-like Rodents", pp. 150–159 en David Burnley, ed. Animal. Londres: Dorling Kindersley. Steppan, S., Adkins, R. e Anderson, J. (2004): "Phylogeny and Divergence-Date Estimates of Rapid Radiations in Muroid Rodents Based on Multiple Nuclear Genes" Systematic Biology 53 (4): 533-553.

Outros artigos Roedores

Ligazóns externas

Categoría:Roedores