Marc Caballé Naranjo, nado o 22 de xuño de 1991 en L'Hospitalet (Barcelona), é un futbolista profesional catalán da canteira do RCD Espanyol, que xoga como mediocentrodefensivo ou central zurdo na UE Cornellà da Segunda División B cedido polo club barcelonés.

Traxectoria Nado en L'Hospitalet de Llobregat, Barcelona, Caballé formouse nas categorías inferiores do RCD Espanyol, chegando a debutar como sénior co equipo filial na temporada 2009–10 en Segunda División B. No verán de 2010 asina co Atlético de Madrid, sendo asignado ao equipo C da Terceira División. O 14 de xullo de 2012, tras dous anos no filial madrileño, asina co Atlético Malagueño, filial do Málaga CF, tamén da Terceira División.

O 12 de xullo do ano seguinte, despois de aparecer moderadamente, volta ao Espanyol e ao seu filial. En xullo Caballé sofre unha seria lesión no nocello, permanecendo sen xogar durante sete meses, mais sendo renovado o seu contrato até 2018. Foi definitivamente promovido ao primeiro equipo da Primeira División o 3 de xuño do ano seguinte. Posteriormente, o 31 de xuño, anúnciase a súa cesión por un ano ao Club Deportivo Lugo.

Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesRCD Espanyol BSegunda B2009–201010Atlético de Madrid CTerceira2010–2011323Atlético de Madrid CTerceira2011–2012220Atlético MalagueñoTerceira2012–2013170RCD Espanyol BSegunda B2013–2014262RCD Espanyol BSegunda B2014–201580CD LugoSegunda2015–201620UE CornellàSegunda B2016

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en Soccer Way Perfil en RCDEspanyol.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en L'Hospitalet de Llobregat Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid C Categoría:Xogadores do Atlético Malagueño Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da UE Cornellà