Os Herculoides é unha serie de debuxos animados de ciencia ficción creada polo estudio Hanna-Barbera para a CBS que se comezou a emitir en 1967. En Galicia a TVG emitiuna en 1986. Sinopse A historia ten lugar nun planeta distante chamado Amzot. O nome do planeta, Amzot, menciónase por vez primeira nun dos episodios do Fantasma do Espazo, sendo ademais a primeira aparición dos personaxes na televisión; na propia serie, o nome menciónase por primeira vez no episodio 19: "As criaturas do tempo". Os Herculoides loitan xuntos para protexer o planeta Amzot dos invasores.

Personaxes Humanoides Zandor, protector do planeta Amzot; Tara, muller de Zandor; Dorno, fillo de Zandor e Tara. Monstros As cinco criaturas nativas do planeta que aparecen nos Herculoides son: Zok, o dragón alado, capaz de emitir raios cos ollos e coa cola. O único dos Herculoides capaz de voar polo espazo e respirar lume; Igoo, un extremadamente forte e xigantesco gorila de pedra. A súa pel é moi dura. A pesar da súa aparencia e personalidade hostil, ten un cariño especial e moito afecto por Tara; Tundro, unha mestura de rinoceronte con triceratops de dez patas. Tira pedras de enerxía explosivas co seu corno. A súa coiraza é tan resistente que o fai invulnerable. As súas pernas teñen a capacidade de se estarricar coma zancos; Gloop e Gleep, dúas criaturas de materia elástica capaces de asumir tódalas formas que queiran. Tamén son capaces de se subdividir en unidades menores, todas con ollos e autonomía propia, e de se volver unir; Gloop é o maior dos dous. Os seus corpos extremadamente elásticos e flexibles son capaces de desviar e mesmo reflectir raios e absorber enerxía.

Continuación A serie tivo continuación dentro do espazo Space Stars, creado por Hanna-Barbera para a NBC no ano 1981, en 11 episodios de 6 minutos de duración cada un.

Véxase tamén Ligazóns externas Los Herculoides (serie de TV), ficha en Filmaffinity. The Herculoids (1967-1969), ficha en IMDb.

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión da CBS Categoría:Series de televisión con versión galega