Non confundir coa Fachada do Paraíso da catedral de Santiago de Compostela.

O Pórtico do Paraíso da catedral de Ourense é o conxunto escultórico que dá acceso, pola portada principal ó templo. Foi construído na primeira metade do século XIII, en tempos do bispo Lourenzo (1218-1248), que foi quen rematou as obras da catedral, e en calquera caso despois de 1230. Cómpre destacar a policromía que conserva, do século XVIII, e que foi restaurada en 2013, pero hai que advertir que a contraportada carece de cor.

Ignórase quen foi o autor ou autores do pórtico. Ángel del Castillo atribúeo a un mestre chamado Juan Evangelista:

En realidade, esta inscrición, "Juan Evangelista fecit", figura nun anxo trompeteiro hoxe conservado no museo da catedral e que nada ten que ver co pórtico,Fotografía do anxo trompeteiro tal como acreditan expertos como Serafín Moralejo, Ramón Yzquierdo Perrín, Xosé Carlos Valle Pérez e Eduardo Carrero Santamaría, polo que xa ninguén apoia esa atribución.

Conde Cid supón a participación de dous grupos de escultores no proceso de construción do tímpano. Fundamentalmente, un primeiro taller, ata 1230, que sería quen comezaría as obras e esculpiu a parte inferior (bases, columnas e os profetas e apóstolos); e un segundo taller desde 1230, responsable da parte dos arcos. Dentro dese primeiro taller distingue catro mans diferentes, a xulgar polo traballo dos pregues dos vestidos e a sensación de movemento que se consegue: unha esculpiría os profetas Oseas e Malaquías e os tres apóstolos descoñecidos; outro escultor sería o autor das estatuas de Ezequiel, Habacuc, Xonás e Isaías e, probablemente, dos apóstolos Xoán e André; un terceiro esculpiría os profetas Daniel e Xeremías e os apóstolos Santiago e Mateu; e un último escultor sería o responsable das figuras do profeta descoñecido e dos apóstolos Pedro e Paulo.

Os especialistas concordan en que é moi probable que estes escultores pertenceran ó taller do mestre Mateu ou, polo menos, estaban influídos por el, pois reproduciron a disposición de apóstolos e profetas que este dispuxo en Compostela e a técnica utilizada nas estatuas-columna e na ornamentación do arco menor é tamén similar, pero aínda así e a pesar do feito de que o pórtico de Ourense sexa posterior ó de Santiago, a realidade é que o estilo do Pórtico do Paraíso é máis románico có da Gloria.

Outros autores ven, tamén, a influencia dos talleres de Amiens e París, que chegaron ata aquí a través da catedral de Santa María de Burgos.

Construción miniatura|Fachada occidental da Catedral. Non tivo acceso directo desde o exterior ata ben entrado o s. XX, aprécianse nela os grandes contrafortes. Tódolos expertos coinciden en que reproduce a estrutura do Pórtico da Gloria na catedral compostelá, aínda que dunha forma máis simple, menos elaborada; aínda así, non cabe interpretalo como unha réplica desafortunada daquel.Tradución do orixinal en castelán: "De non ser polo Pórtico da Gloria … esta obra sería considerada como un dos conxuntos máis importantes da época na que se vai avanzando cara a consolidación do primeiro gótico". Como acontece co de Santiago, tampouco o de Ourense se construiría cunha funcionalidade de acceso ó templo, senón que máis ben se trataría dun nártice miradoiro. De feito non tivo acceso directo desde o exterior ata ben entrado o século XX.

Tamén lembra a catedral de Santiago o feito de que o terreo sobre o que se levantou a de Ourense tiña, como aquela, un acusado desnivel cara ao oeste, o que obrigou a reforzar a cimentación na área correspondente ós pés da igrexa, na fachada oeste. Por algunha razón, o cabido do século XVI debía sospeitar do mal estado dos alicerces porque cando lle encargou a Rodrigo Gil as obras de reforma da catedral fixo incluír no contrato a necesidade de comprobalos e reforzalos antes de obrar na fachada, para non poñer en perigo o pórtico:Diocese-Catedral-Visita virtual. Pórtico do Paraíso Bispado de Ourense.

A solución que se deu consistiu na construción dun amplo baseamento ó redor dos pés da igrexa, con contrafortes macizados uns ou con bóvedas de canón outros, unidos por arcos de medio punto.Obsérvense nas fotografías (F1, F2, F3 ) os recios contrafortes que percorren a fachada occidental. Aínda así, o bispado de Ourense recoñece que "A pesar de tantos desvelos o Pórtico sufriu serios quebrantos e mutilacións". miniatura|esquerda|Baseamento do piar esquerdo. Entre estes quebrantos e mutilacións pódense citar os seguintes: eliminouse o tímpano e substituíuse a bóveda por outra estrelada. Tamén se retallaron os baseamentos dos piares, que reproducían figuras zoomórficas, como en Santiago, por considerarse infernais e desapareceron as estatuas-columna que había na contraportada. A construción das torres da fachada obrigou a eliminar as columnas laterais do pórtico e reduciu lixeiramente a anchura do nártice.

Descrición O Pórtico do Paraíso disponse, como o de Compostela, nun grande arco central e dous arcos laterais, que se corresponden coas tres naves do templo, maior e laterais. Os arcos están separados por dous fortes piares sobre os que se tallaron cadanseu grupo de estatuas-columna: os profetas no lado do Evanxeo, á esquerda do espectador, e os apóstolos no lado da Epístola, á dereita.Todo semella que esta distribución de profetas e apóstolos a esquerda e dereita copiouse do Pórtico da Gloria. Aqueles portan longas cartelas co seu nome e estes portan libros (excepto dous). A identificación é dubidosa nalgúns casos (así, Isaías parece ser Moisés, ó portar as táboas da lei) e mesmo descoñecida noutros. miniatura|Apóstolo Santiago, no parteluz. Arco central O arco central está dividido por un parteluz formado por seis finas columnas contiguas, talladas nun bloque monolítico. Contigua á base, cara á saída, hai unha escultura sedente de Santiago Apóstolo, datada no primeiro terzo do século XIII pero colocada nesta situación en 1857; parece ser que orixinalmente estaba colocada na capela maior. Santiago sostén coa man esquerda un libro aberto, apoiado nos xeonllos, e unha espada na man dereita, en referencia á milagrosa intervención do apóstolo na lendaria batalla de Clavijo. A figura, tamén policromada, viste túnica con numeroso pregues que deixan ver a anatomía subxacente e mostra un rostro sereno, co pelo e barbas rizados; apoia os pés sobre unha figura zoomorfa de difícil identificación. A figura érguese sobre unha peaña con cunchas de vieira, que está sobre un alto zócolo.

Na parte superior do parteluz tamén se colocou, modernamente, a imaxe da Virxe do Consolo. Trala limpeza do pórtico realizada en 2013 comprobouse que foi tallada por Cornielles de Holanda, o autor do retablo da capela maior.

Tímpano O tímpano actual consiste nunha filigrana calada de liñas curvas en círculos entrelazados. No centro ábrese unha fornela na que se colocou unha pequena imaxe, moderna, de san Martiño ecuestre compartindo a súa capa co mendigo. Esta imaxe colocouse no pórtico na reforma do século XVI. Baixo esta imaxe ábrese un medallón co busto de Deus Pai.

O único que se conserva do tímpano orixinal é a arquivolta coas figuras dos 24 anciáns da Apocalipse2 Axiña caín en arroubo. E velaquí un trono posto no ceo e un sentado no trono. 3 A fasquía do que estaba sentado era coma a pedra de xaspe e de sardónica e cunha aureola arredor do trono, semellante ó aspecto da esmeralda. 4 Arredor do trono vin vinte e catro tronos e, sentados nos tronos, vinte e catro anciáns, vestidos de roupas brancas e coroas de ouro nas súas cabezas (Apocalipse 4:2-4). tanguendo distintos instrumentos musicais da época (frautas, cítaras, violas, arpas); tamén á similitude do Pórtico da Gloria, os dous anciáns centrais están tocando o organistro. Adoptan unha posición sedente, visten túnicas con escasos adornos e, algúns, capa romana abrochada sobre o ombreiro, ostentan coroas (sinxelas e todas diferentes) e xiran a cabeza uns cara a outros coma se estivesen dialogando entre si.

Arcos menores 300px|miniatura|Arco meridional, do Xuízo Final. O arco lateral do lado do Evanxeo (á esquerda) podería representar o Paraíso. Posúe dúas arquivoltas con decoración simple de motivos vexetais e un tímpano que non ten decoración ningunha. O arco da Epístola (á dereita) representa o Xuízo Final: tamén ten dúas arquivoltas pero moito máis decoradas, coa mesma iconografía do Pórtico da Gloria. Aparecen, no semiarco dereito, figuras de almas condenadas ó inferno e torturadas por monstros e demos (homes aforcados, monstros que devoran os condenados, mulleres con serpes que traban e penduran dos seus seos, imaxes que adoitan reflectir os tormentos dos infernos na iconografía medieval); e, no esquerdo, almas elixidas, pequenas figuras núas, que soben ó ceo transportadas por anxos; un terceiro arco externo, máis estreito, reproduce as mesmas imaxes. Na clave da arquivolta externa, o busto de Deus xuíz; e, na interna, a do arcanxo san Miguel. O tímpano deste arco está perforado por un óculo e pintado groseiramente a base de puntos escuros.

Estatuas-columnas Como se dixo, os tres arcos están separados por fortes piares, formados por sete columnas de fuste liso, tres a cada lado e unha axial, rematadas en cimacios adornados con motivos vexetais. Sobre estes descansan as estatuas-columna de apóstolos e profetas, aínda que a columna central de cada grupo, axial, se continúa con outra columna lisa que divide as estatuas en grupos de tres. Sobre as estatuas hai capiteis e novos cimacios nos que apoian as arquivoltas ou grupos de anxos amparando as almas dos benaventurados, representadas por pequenas figuras infantís. Por fin, sobre estes anxos corre unha imposta na que apoian os nervios da bóveda.

A distribución dos nove profetas e outros tantos apóstolos é a seguinte, ordenados de esquerda a dereita do espectador: Profetas: Oseas e Malaquías no muro norte (á esquerda). Profeta descoñecido, Ezequiel e Habacuc, na cara esquerda do piar esquerdo. Xonás, Daniel, Xeremías e Isaías, na cara dereita do piar esquerdo Apóstolos Dando por certa a identificación de dous dos apóstolos descoñecidos como Bertomeu e Tomé, os apóstolos non representados no pórtico son Filipe, Xudas Tadeu, Simón e Santiago o Menor, se ben un destes catro ten que ser o apóstolo descoñecido C.: San Pedro, san Paulo, Santiago e san Xoán, na cara esquerda do piar dereito. San Mateu, santo André e un apóstolo descoñecido,Designado polos especialistas como descoñecido C. na cara dereita do piar dereito. Dous apóstolos descoñecidos,Designados como descoñecidos A e B. no muro sur (á dereita). Pita Andrade identifícaos como san Bertomeu e san Tomé.

Tanto uns como outros son figuras ríxidas, de rostro inexpresivo (excepto Daniel, co mesmo sorriso que mostra no Pórtico da Gloria), e a roupa cáelles en pregos paralelos, características todas da escultura románica.

Os profetas portan todos unha cartela co seu nome ou un texto que os caracteriza, agás o profeta descoñecido, que a leva sen ningunha inscrición, e Isaías, que leva o que lembra máis ás Táboas da Lei de Moisés, quizais por estar representado así este segundo profeta no Pórtico da Gloria, na mesma posición que ocupa Isaías no Pórtico do Paraíso, na xamba esquerda do arco central.

miniatura|Apoio do profeta descoñecido.