Emilio de Aspe Vaamonde, nado en Ponferrada o 13 de xuño de 1883 e finado na Coruña o 24 de marzo de 1967,La Voz de Galicia, 26-3-1967, p. 21. foi un militar e político español.

Traxectoria Fillo de Nicasio de Aspe Fullós, vicepresidente da Real Academia de Medicina de Galicia e Asturias e do Colexio de Médicos da Coruña, secretario do dispensario antituberculoso da Coruña e doutor da armada, e de Adela Vaamonde de Castro. Foi irmán do tenente xeneral de artillaría Nicasio de Aspe e do xeneral de división Leoncio de Aspe, ambos os dous gobernadores militares despois da guerra civil.

Xeneral de Cabalaría. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado gobernador civil de Valladolid (1937-1939), da Coruña (1939-1945) e de Tenerife (1946-1950).

Vida persoal Casou con Vicenta Martínez Montoya, con quen tivo dous fillos, Emilio e Adela de Aspe Martínez.

Notas

Categoría:Militares de España Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Gobernadores civís de Valladolid Categoría:Gobernadores civís de Santa Cruz de Tenerife Categoría:Nados en 1883

Categoría:Nados en Ponferrada

Categoría:Finados en 1967