A República dos Inguxos (; ) ou Inguxetia, é unha república rusa localizada no Cáucaso Norte. A súa capital é a vila de Magas. En termos de área, a república é a máis pequena de toda Rusia, agás as cidades federais. Foi establecida o 4 de xuño de 1992, despois de que a República Autónoma Socialista Soviética de Chechenia-Inguxetia fose dividida en dúas.Law of June 4, 1992Official website of the Republic of Ingushetia. Social-Economic Characteristics
Etimoloxía A palabra Ingushetia (en ) deriva do termo ruso para o pobo inguxo, que á súa vez procede do nome inguxo para a vila de Angusht, sumado ao sufixo xeorxiano -éti. O endónimo correspondente é Ghalghaaichie (en ).
Nas décadas de 1920 e 1930 aínda non existía un nome unificado para o óblast autónomo inguxo. Malia que o óblast foi oficialmente chamado Ingushetia, algúns científicos como Nikolai Yakovlev e Leonid Semyonov insisten en que o correcto sería Ingushiya (en ).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial da República dos Inguxos
Categoría:Repúblicas de Rusia