Estanislao Reverter Sequeiros, nado en Ourense o 1 de outubro de 1929Ficha na Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo. e finado o 3 de febreiro de 1991, tamén coñecido como LalaoFigueiredo Pérez, J.: Rallye de Orense 1967-2003, p. 221. 2003. ISBN 84-609-0907-7., foi un político de UCD, piloto de rally, impulsor do Rally de Ourense, director da Escudería Ourense, construtor do Alpinche e un dos pais do automobilismo en Galicia"Antonio Zanini: ‘Habría que inventar otro Estanislao Reverter para Ourense’" , entrevista en La Región, 20 de xuño de 2008 ..
Traxectoria Debutou como piloto de carreiras en 1955 no Trofeo FASA Renault cun Renault 4/4. Competiu durante toda a súa carreira coa Escudería Ourense, que dirixiu entre 1968 e 1980Figueiredo Pérez, J.: Rallye de Orense 1967-2003, p. 329-330, anexo I. 2003. ISBN 84-609-0907-7., e coa que participou como organizador do Rally de Ourense. Tivo como copilotos a Antonio Colemán, Jorge Glass, Ventura, Eloy Rodríguez, Vázquez, Facas, Antonio Reverter, José Luis Sala e Luis Reverter.
En 1969 foi elixido concelleiro de Ourense polo terzo familiar, pero o seu nomeamento foi impedido polo gobernador civil por mor das afinidades republicanas da súa familia.
En 1977 foi elixido deputado nas primeiras eleccións xerais, sendo o número 3 na lista da UCD pola provincia de Ourense. En 1979 deixou o seu escano, ao remate da lexislatura, e posteriormente deixou tamén a UCD como consecuencia duns problemas económicos. Tamén foi expulsado pola mesma razón, en 1980, da executiva da Federación Española de Automobilismo"Presuntas graves irregularidades de Reverter en la Federación gallega", artigo de Ignacio Lewin en El País, 14 de decembro de 1980 ..
Alpinche
O "Alpine-Porsche" foi un vehículo construído por Reverter no seu taller de Ourense, mesturando a carrozaría do Alpine A110 e o motor dun Porsche. A súa matrícula era OR-31516. Foi alcumado nun inicio como "Realpor" (acrónimo de Reverter, Alpine e Porsche), e logo bautizado como Alpinche. Despois da súa primeira versión feita en 1971, contou con catro evolucións diferentesEntrevista a Reverter ., provocadas xeralmente por accidentes ou golpes, e nas que Reverter buscaba sempre melloralo. Foi utilizado en probas de rally por Reverter, José Pavón e Beny Fernández. Deixou de usarse en 1975, tras un accidente no Rally del Sherry, e foi restaurado en 2022.
Carreira Campionato de España de Rallys Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 Posición Puntos 1970 Privado Porsche 911 R VNA10 RBX2 ESP5 2VI4 CDS2 CLB1 5º 2771971Privado Porsche 911 R CBR3 6º 240Alpinche PDA3 RAC3 BOS21972Privado Alpinche FIR7 SHE3 CLB1 RBX1 BOS3 CDO1 5º 352,61973Privado Alpinche 5NA3 RBX1 ESP2 12º 1781974Privado BMW 2002 FIR4 CLR3 CDO4 ESP3 2VR45º330,2 Alpinche CLB3 5NA41975Privado BMW 2002 CLB18º124
Resultadoshttp://www.estanislaoreverter.com/gl/palmares.htm 1955 - Renault 4/4: Trofeo FASA Renault (1ª carreira) 1956 - Seat 1400: San Cristóbal (antecedente do Rally de Ourense) (3º) ???? - Seat 1400: II rally dos Pireneos, (19º) 1962 - BMW 700S: Rally Montecarlo 1963 - BMW 700S: Rally Montecarlo 1964 - Gogomovil: Rally Rías Baixas Abarth 1000 Biálbero: Rally la Massana 1965 - Abarth 1000 Biálbero. Rally Montecarlo Austin Cooper S: Rally Camiño de Santiago Ford Cortina Lotus: VI Rally Deux Catalognes (1º?)(Campionato de España e Francia) Biálbero: Rally das Camelias (Portugal) (3º), Rally RACE (2º) 1966 - Austin Cooper S: Rally Montecarlo 1967 - Glas 1304 TS: 6 Horas de Barcelona 1969 - Porsche 911R: 12 Horas de Barcelona (8º) Porsche 911S: Subida a Chantada (1º) 1970 - Porsche 911R: Rally Vasco Navarro, Rally Príncipe de Asturias, Ourense (Accidente), Rally Costa del Sol (2º) Renault 8 Proto: Rally da Coruña (Ret) Abarth OT 2000: Rias Baixas (2º) 1971 - Alpinche: Rías Baixas (3º) Rally RACE, Rally Príncipe de Asturias, Rally de Ourense 1972 - Alpinche: Rally Luis de Baviera, Rally Bosch, Rally Sherry, Rally Príncipe de Asturias (1º) Sport 1600: Rally Montecarlo 1973 - Alpinche: Rally de Ferrol, Rías Baixas, Rally Luis de Baviera Mini Cooper: Montecarlo 1974 - Alpinche: 500 km nocturnos de Alacant; BMW: Rias Baixas (3º) BMW 2002: Rally 2000 virajes
Homenaxes Foille concedida a medalla de prata ao Mérito Deportivo. Trala súa morte en 1991, o Rally de Ourense pasou a chamarse Rally de Ourense, memorial Estanislao Reverter.
En 2006 inaugurouse en Ourense unha escultura de bronce feita por Ramón Conde Bermúdez en homenaxe a Reverter, Antonio Colemán e o Alpinche. Alí celebraron o título de campións de España de rallys do 2009 Sergio e Diego Vallejo, en homenaxe á Escudería Ourense.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Artigo de Rafael Cid na revista Magazin Motor nº 32 (marzo de 2001).
Ligazóns externas Vídeo reportaxe
Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Pilotos do Campionato do Mundo de Rally