"Death Valley '69" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth sacado do seu álbum de 1985 Bad Moon Rising. O tema está escrito e cantado polo guitarrista Thurston Moore e a súa amiga e músico de New York City Lydia Lunch, e foi gravado e producido por Wharton Tiers en xullo de 1984. Unha versión do tema foi editada en decembro de 1984 a través do selo Iridescence Records, e sería editado novamente en formato sinxelo cun deseño artístico distinto en xuño de 1985. O recompilatorio de The Flaming Lips Finally the Punk Rockers Are Taking Acid inclúe unha versión da canción.

O seu vídeo musical foi rodado en 1985 e tratouse do primeiro videoclip de Sonic Youth. Dirixiuno Richard Kern, e amosa imaxes ao vivo da banda con imaxes dos seus membros en varios estados de desmembramento sanguento. O vídeo é o único no que aparece tanto o recentemente saído batería Bob Bert, como o novo Steve Shelley.

Listaxe de cancións Sinxelo de decembro de 1984 "Death Valley '69" - 5:32 "Brave Men Run (In My Family)" - 3:48

Sinxelo de xullo de 1985 "Death Valley '69" "I Dream I Dreamed" "Inhuman" "Brother James" "Satan Is Boring"

Categoría:Sinxelos de 1984 Categoría:Cancións de Sonic Youth Categoría:Composicións musicais de rock alternativo