Palomares é unha pedanía do municipio de Cuevas del Almanzora pertencente á provincia de Almería, en Andalucía.
Características Con 1.563 habitantes en 2009, a zona ten como principais actividades económicas o turismo, a actividade agropecuaria e a pesca. Posúe unha altura media de 20 metros sobre o nivel do mar.
Palomares é coñecida internacionalmente polo suceso do 17 de xaneiro de 1966, cando dous avións da Forza Aérea dos Estados Unidos, colidiron e perderon catro bombas nucleares nas súas costas, tres en terra e unha no mar. Este accidente é coñecido como Incidente de Palomares.
Véxase tamén Ligazóns externas www.cuevasdelalmanzora.es . Mapas de Palomares .
Categoría:Provincia de Almería Categoría:Pedanías de España