Luis de Zulueta Escolano, nado en Barcelona o 8 de abril de 1878 e finado en Nova York o 2 de agosto 1964, foi un escritor, mestre e político catalán.

Traxectoria Tras estudar en Barcelona, Berlín e París, doutorouse en Filosofía na Universidade Central de Madrid en 1910, despois iniciou unha fugaz actividade como mestre e catedrático de Historia da Pedagoxía na Escola Superior de Maxisterio que abandonou para dedicarse á política ao ser elixido, como membro do Partido Republicano Reformista, deputado a Cortes por Barcelona na eleccións de 1910.

Político Foi elixido novamente deputado pola circunscrición de Madrid en 1919. Nas eleccións de 1920 presentouse polo distrito de Redondela co apoio dos agrarios, pero foi derrotado por José Barreras Massó. Volveu presentarse polo distrito de Redondela en 1923, obtendo a acta.

Na Segunda República foi elixido deputado por Badaxoz nas eleccións de 1931. Foi nomeado ministro de Estado no goberno que presidiu Manuel Azaña entre o 16 de decembro de 1931 e o 12 de xullo do 1933.

Embaixador en Berlín entre 1933 e 1934 pasou, en 1936, a representar o goberno da II República ante a Santa Sé pero no inicio da guerra civil e o recoñecemento por parte do Vaticano do goberno e do xeneral Franco, impulsárono a exiliarse en Colombia para despois pasar aos Estados Unidos onde permaneceu até a súa morte en 1964.

Obras La democracia educadora (1905)Procesos de nacionalización en la España contemporánea, Mariano Esteban de Vega, 2010, Universidade de Salamanca. El alma de la escuela (1910) El maestro (1914) La edad heroica (1916) El ideal de la educación (1921) La nueva edad heroica (1942) El rapto de América (1952)Ficha en Google Books

Notas

Véxase tamén Outros artigos Antonio de Zulueta

Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Pedagogos de España Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Deputados nas Cortes Españolas Categoría:Embaixadores de España en Alemaña Categoría:Embaixadores de España na Santa Sé Categoría:Ministros da Segunda República Española Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Políticos de Acción Republicana Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Krausistas