Leslie Feinberg, nada en Kansas City, Missouri, o 1 de setembro de 1949 e finada en Syracuse, Nova York, o 15 de novembro de 2014, foi unha activista transxénero, comunista e autora estadounidense.

Premios e recoñecemento En 2007, Feinberg foi galardoada cun doutoramento honorario da Escola Starr King para o Ministerio de traballo transgénero e xustiza social.

En xuño de 2019, Feinberg foi un dos primeiros cincuenta "pioneiros e heroes" estadounidenses incluídos no Muro de Honra Nacional LGBTQ dentro do Monumento Nacional Stonewall (SNM) no Stonewall Inn da cidade de Nova York. O SNM é o primeiro monumento nacional de Estados Unidos dedicado aos dereitos da comunidade LGBTQ e a súa historia. A inauguración do muro foi programada para ter lugar no 50 aniversario dos disturbios de Stonewall.

En 2023, Publishing Triangle renomeou o seu premio á literatura trans e de xénero diverso despois dela, nomeándoo o Premio Leslie Feinberg á Literatura Trans e de Xénero Diverso.

Enfermidade En 2008, Feinberg foi diagnosticada coa doenza de Lyme. Escribiu que contraeu a enfermidade na década dos 70, e que daquela existía un coñecemento moi limitado sobre enfermidades deste tipo. Pospuxo a busca dun tratamento médico durante moitos anos por medo da reacción dos médicos á súa identidade transxénero. Por este motivo, recibiu o tratamento cando a infección xa chegara a unha etapa avanzada. Na década de 2000, Feinberg creou arte e blogueou sobre a súa enfermidade cun enfoque na arte da discapacidade e a conciencia de clase.

Traxectoria Feinberg publicou Stone Butch Blues en 1993. As súas obras, notablemente Stone Butch Blues e Transgender Warriors (1996), un libro pioneiro sobre a historia popular da comunidade queer, asentaron as bases dunha boa parte da terminoloxía e a consciencia dos estudos de xénero e foron instrumentais para informar destes temas a unha audiencia máis ampla.Feinberg, Leslie (1997) Transgender Warriors: Making History from Joan of Arc to Dennis Rodman Boston: Beacon Press, 1996.

Libros Journal of a transsexual (Diario dun Transexual). Transgender Liberation: A Movement Whose Time Has Come (Liberación transxénero: un movemento cuxo tempo chegou). Transgender Warriors: Making History from Joan of Arc to Dennis Rodman (Guerreiros transxénero: Facendo historia desde Juana de Arco até Dennis Rodman). Trans Liberation: Beyond Pink or Blue (Liberación Trans: Máis aló do rosa ou o azul). Drag King Dreams (Soños de Drag King). Rainbow Solidarity in defense of Cuba (Solidariedade Arco Iris en Defensa de Cuba). Nova York: World View Forum, 2009.

Notas

Categoría:nados en 1949 Categoría:Nados en Kansas City, Missouri Categoría:Finados en 2014 Categoría:Comunistas dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América