Marina Vlady, nada como Catherine Marina de Poliakoff-Baïdaroff en Clichy o 10 de maio de 1938 e finada o 24 de setembro de 2026, foi unha actriz, escritora e cantante francesa.

Traxectoria Marina naceu nunha vila limítrofe con París no seo dunha familia de emigrantes rusos. Seu pai, Vladimir de Poliakoff, era cantante de ópera e chegara a Francia en 1915 para participar na guerra como piloto voluntario na fronte francesa. Súa nai, Militza Envald, era unha bailarina de ballet rusa de orixe sueca que chegara a Francia en 1919 e era filla do xeneral Evgeny Vasilyevich Envald. O matrimonio tivo catro fillas, coñecidas como as irmás Poliakoff , todas elas artistas: Olga, coñecida como Olga Varen; Étiennette ou Tatiana, coñecida como Odile Versois; Militza, coñecida como Hélène Vallier; e Marina Vlady. A familia vive de forma humilde, co pai a traballar como obreiro nunha fábrica. Na infancia ingresou na escola de danza da Ópera de París. Carreira cinematográfica 200px|miniatura|esquerda|Marina Vlady con Marcello Mastroianni nunha escena de Giorni d'amore (1954) Aos dez anos apareceu por primeira vez ante unha cámara en Orage d'été, filme de Jean Gehret que tivo estrea en 1949 e apareceu tamén na súa versión italiana Due sorelle amano de Jacopo Comin. O seu primeiro papel como protagonista foi en 1952 no filme italiano Penne nere de Oreste Biancoli e no que compartía protagonismo con Marcello Mastroianni . Nos dous anos seguintes traballou con directores italianos. En 1954 actuou en Avant le déluge, unha coprodución franco-italiana, do director francés André Cayatte, que foi o seu primeiro papel importante en francés. A película participou no Festival de Cannes dese ano e a interpretación de Vlady valeulle o Premio Suzanne-Bianchetti, concedido á máis prometedora actriz nova. 200px|miniatura|esquerda|Marina Vlady con Clément Thierry, Isa Miranda e Jacques Castelot en Avant le déluge En 1955 comezou a traballar no primeiro filme do actor e director Robert Hossein Les salauds vont en enfer co que casou a fins de ano. So a súa dirección actuou tamén en Pardonnez nos offenses (1956), Toi, le venin (1958) e La Nuit des espions (1959) e con el apareceu en Crime et Châtiment (1956) de Georges Lampin, La Sentence (1959) de Jean Valère e Les Canailles (1960) de Maurice Labro. 175px|miniatura|esquerda|Marina Vlady na Mostra de Venecia de 1959 150px|miniatura|esquerda|Marina Vlady en 1960 durante unha viaxe aos Países Baixos En 1961 foi a protagonista absoluta da produción franco-italiana La Princesse de Clèves, dirixida por Jean Delannoy a partir da novela de Madame de La Fayette. Séguenlle Adorable Menteuse (1962) de Michel Deville e Les Bonnes Causes (1963) de Christian-Jaque. A súa interpretación de Regina en Una storia moderna - L'ape regina de Marco Ferreri valeulle o Premio de interpretación feminina no Festival de Cannes de 1963. miniatura|Marina Vlady nun fotograma de Una storia moderna - L'ape regina (1963) con Ugo Tognazzi En 1965 interpretou a Kate Percy no filme Badaladas a medianoite de Orson Welles, unha coprodución hispano-suíza rodada en inglés que contou tamén co propio Welles, Jeanne Moreau e John Gielgud . Ao ano seguinte actuou en Deux ou trois choses que je sais d'elle de Jean-Luc Godard no papel de Juliette Janson. A película, centrada nas transformacións urbanas e sociais da contorna parisiense, inspirouse nunha investigación xornalística sobre a prostitución ocasional . miniatura|Marina Vlady durante a rodaxe de Siuzhet dlia nebolshogo rasskaza (1968) miniatura|Marina Vlady en 1976 en Hungría Durante a segunda metade da década de 1960 na de 1970 alternou producións de autor e filmes de carácter máis popular. Traballou, entre outros, con Henri Colpi en Mona, l'étoile sans nom (1966), con Bernard Paul en Le Temps de vivre (1969), con Sergei Iutkevich en Siuzhet dlia nebolshogo rasskaza, con Miklós Jancsó en Sirokkó (1969), con Luigi Zampa en Contestazione generale (1970), con Michel Mitrani en La Nuit bulgare (1972), con Bertrand Tavernier en Que la fête commence... (1975) e con Márta Mészáros en Ök ketten (1977). Entre os filmes de carácter popular salientan Atout cœur à Tokyo pour OSS 117 (1966) de Michel Boisrond ou Tout le monde il est beau, tout le monde il est gentil (1972) de Jean Yanne. Ao longo da década de 1980 alternou comedias populares, Twist again à Moscou (1986) de Jean-Marie Poiré con filmes de directores internacionais, Tangos, el exilio de Gardel de Fernando Solanas ou Splendor (1989) de Ettore Scola, onde de novo compartiu protagonismo con Marcello Mastroianni. Tamén participou en proxectos máis atípicos como Les Jeux de la comtesse Dolingen de Gratz (1981) de Catherine Binet, cun marcado carácter literario e fantástico, o erótico Les Exploits d'un jeune Don Juan (1987) de Gianfranco Mingozzi ou o político Follow Me (1989) de Maria Knilli.

Na década de 1990 actuou nunhas poucas producións estranxeiras, Piushchie krov (1991) de Evgenii Tatarskii ou Sny o Rossii (1992) de Junya Satō. Logo de anos sen actuar no cinema protagonizou en 2011 Quelques jours de répit de Amor Hakkar.

Teatro e televisión Iniciou a actividade profesional no teatro en 1957 coa obra Vous qui nous jugez de Robert Hossein. Ao longo das décadas seguintes actuou esporadicamente nos teatros, e así en 1966 deu vida a Irina en Les Trois Sœurs de Anton Chekhov ou en 1983 a Gertrude en Hamlet. A partir de 1991 a súa aparición nos escenarios foi máis regular. En 2007 presentou no Théâtre des Bouffes-du-Nord o espectáculo Vladimir Vissotsky ou le Vol arrêté, baseado no seu libro dedicado a Vladimir Vysotskii.

En televisión apareceu por primeira volta en 1954 na mediametraxe La Belle au bois dormant de Pierre Badel e só dez anos despois volveu ao medio na curtametraxe Les petites demoiselles de Michel Deville e de novo outros dez anos pasaron antes de volver a actuar para a televisión na miniserie Les Charmes de l'été que tivo a súa estrea en 1975 en Antenne 2. Dende entón as súas aparicións foron máis regulares, con varios telefilmes ao longo do resto da década de 1970 e 1980 como Les Deux Berges (1978) ou Les Secrets de la princesse de Cadignan e series como La Chambre des dames (1983). Na década de 1990 salientou a súa aparición na miniserie Dans un grand vent de fleurs (1996) baseada nunha novela de Janine Montupet. No inicio do século XXI mantivo as súas aparicións na televisión, con miniseries como Victoire ou la Douleur des femmes (2000), na primeira tempada da serie Sam (2016) ou no telefilme Tu vivras ma fille (2018). Cantante Marina Vlady desenvolveu paralelamente unha actividade como cantante. Entre 1967 e 1968 gravou dous discos, con cancións en ruso, xunto ás súas irmás baixo o nome de Les Sœurs Poliakoff. Un deles recibiu o Grand Prix du Disque da Académie Charles-Cros. Nos anos seguintes as irmás saíron en varios programas musicais da televisión. En 1973 gravou o álbum "Marina Vlady", que se publicou tamén no Canadá e no Xapón, con temas en francés, no que salienta Le voleur de chevaux, inspirado no folclore ruso, que saíu tamén como sinxelo. En 1976 publicou "Chante pour les enfants d'aujourd'hui" con cancións infantís en francés e en 1981 "Berceuses Russes" con cancións de berce en ruso. Escritora miniatura|Marina Vlady en 2009 durante a presentación do libro Le fol enfant Aínda que en 1979 se publicou o libro Babouchka, unhas memorias froito de gravacións das catro irmás, a redactora foi a xornalista Loly Clerc. O primeiro libro que escribiu foi Vladimir ou le vol arrêté (1987) dedicado á súa relación con Vladimir Vysotskii e que constitúe un testemuño, íntimo e sen filtros, sobre os dez anos de matrimonio co poeta soviético Vladimir Vysotskii e a súa loita contra o alcoholismo e a censura do réxime. En 1989 publicou Récits pour Militza, unha homenaxe á súa nai. Le Collectionneur de Venise que se publicou en 1990 foi a súa primeira novela, á que seguiu Le Voyage de Sergueï Ivanovitch en 1993. Du cœur au ventre, un volume de 1996 de crónicas autobiográficas. En 2001 publicou unha nova novela Ma Cerisaie (2001) e en 2005 24 images/seconde, unhas memorias nas que percorre a súa carreira cinematográfica e teatral e lembra numerosos intérpretes e directores cos que traballou. Volve á novela en Sur la plage, un homme en noir (2006) e Le fol enfant (2009). En 2013 publicou C'était Catherine B, unha crónica sobre a vida de Catherine Binet. Activismo social Marina Vlady participou en accións de apoio á independencia de Alxeria durante a Guerra de Alxeria. En 1962 manifestouse contra da OAS nas proximidades do metro de Charonne e deu acubillo por unha noite a Francis Jeanson, vencellado ás redes de apoio ao FLN. O 5 de abril de 1971 foi unha das asinantes do Manifesto das 343, publicado por Le Nouvel Observateur. O texto, para reclamar a modificación da lexilación francesa sobre o aborto, reunía mulleres que declaraban que abortaran polo que se expuñan dese xeito ao seu procesamento criminal .

Filmografía Cinema

Televisiñon

Notas

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Nados no departamento dos Altos do Sena Categoría:Actores de cinema de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Actores de televisión de Francia Categoría:Actores de teatro de Francia Categoría:Cantantes en lingua rusa Categoría:Cantantes de Francia Categoría:Cantantes en lingua francesa