Margaret Clap, finada contra 1726, máis coñecida como Mother Clap, foi propietaria dunha cafetaría de 1724 a 1726 en Field Lane, Holborn, Middlesex, a pouca distancia da Cidade de Londres. Amais de rexentar unha molly house (taberna frecuentada principalmente por homes homosexuais), estivo fortemente implicada nunha batalla legal após o seu local ser rexistrado e pechado polas autoridades. Malia non coñecerse moito sobre a súa vida, foi unha parte importante da subcultura gai da Inglaterra de comezos do século XVIII. A sodomía en Inglaterra daquela era un delito tipificado no Buggery Act 1533, e castigábase cunha multa, coa prisión ou coa pena de morte. Con todo, particularmente en cidades grandes, a homosexualidade practicábase en privado. Para isto, existían locais en que homes de todas as clases podían atopar compañeiros ou simplemente socializar. Estes locais eran as molly houses, xa que «molly» era entón unha palabra vulgar para referirse aos homes homosexuais. Unha das molly house máis famosas foi a de Clap.

A molly house de Clap miniatura|Field Lane en 1840, preto de onde Clap tivo a súa molly house Clap rexentou unha cafetaría que funcionou como molly house clandestina para a comunidade homosexual. O seu local foi popular na comunidade homosexual durante os dous anos da súa existencia (1724–1726). Preocupábase polos seus clientes e atendía de maneira especial aos homes homosexuais que frecuentaban o local. Sabíase que tiña «camas en cada cuarto da casa» e adoitaba ter «trinta ou corenta tipos de mudas cada noite, mais sobre todo as noites de domingo». Clap estaba presente durante a maioría das horas en que estaba aberta a molly house. Disque só saía para saír correndo unha taberna na beirarrúa oposta para comprar bebidas para os seus clientes.

Clap tiña que deixar o local para abastecerse de alcol para os seus clientes, o que podería dar a entender que a molly house estaba situada na súa propia casa. Porén, a diferenza doutras, a molly house de Clap non era un bordel. As intencións dela puideron ser máis de pracer que de lucro, tendo en conta a súa boa disposición cos clientes. Por exemplo, un home aloxouse na súa casa dous anos e posteriormente ela deu falso testemuño para que o absolvesen de sodomía. A súa conduta ante os cargos que se lle imputaron a ela e a moitos membros da comunidade homosexual mostraron a súa lealdade cara os seus clientes.

Redada de 1726 En febreiro de 1726 a policía fixo unha redada na molly house de Margaret e arrestaron a unhas 40 persoas. Era un dos principais obxectivos da Society for the Reformation of Manners, unha organización de reforma moral, que a estivera vixiando durante dous anos.Algunhas fontes afirman que a molly house só foi vixiada durante un ano antes de ser asaltada pola policía. Ao parecer, foi un grupo de homes homosexuais quen, en vinganza, instigaron a que se realizase esa vixilancia e se converteron en delatores. Un home chamado Mark Patridge converteuse en delator para a policía despois de que o seu amante o sacase do armario. Levou á policía ás molly houses e presentaban a cada un dos homes como o seu "marido", de modo que puidesen investigar de xeito máis meticuloso.O feito de chamar «marido» a un amante baseábase nos pseudomatrimonios que se celebraban nalgunhas molly houses. Un home exercía decote o papel de sacerdote, mentres que outros actuaban como damas de honra. Patridge non foi acusado de sodomía. Outro delator destacado foi Thomas Newton, quen frecuentemente tendía trampas para que os axentes arrestasen a homes cando instigaban á sodomía.

Segundo Rictor Norton:

Notas

Notas

Categoría:Finados en 1726 Categoría:LGBT no Reino Unido