José Manuel Martínez Paz, chamado Secho, nado en Xuño (O Porto do Son) en 1977, é un adestrador de fútbol galego.

Traxectoria Adestrador de equipos base do Deportivo, foi seleccionador galego sub18 (2017) e despois adestrador do Noia.

A súa visibilidade comezou ao ser designado segundo adestrador do Deportivo da Coruña, no equipo de Rubén de la Barrera, xa en Segunda División. Posteriormente foi tamén asistente do CD Lugo, tamén en Segunda División.

Logo pasou a adestrar o Bergantiños en Terceira, para a tempada 23/24, equipo que gañou o campionato e obtivo o ascenso directo á Segunda Federación. Porén, non renovou no posto e quedou libre. Logo duns meses, a finais de marzo de 2025 fichouno o Compostela para conseguir a permanencia, co equipo en situación de descenso.

Notas

Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Adestradores da SD Compostela Categoría:Adestradores do Bergantiños FC