Santa María de Baredo ou Nosa Señora da Cela de Baredo é unha igrexa construída entre 1811 e 1815, na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona.

Historia Está situada no lugar de Cancelo. Comezouse a construír en 1811, tras a desmembración da parroquia da súa matriz, Baíña, un ano antes por mandato do bispo Juan García Benito. O mestre canteiro da capela maior e da sancristía foi Domingo de Oliveira. A sancristía rematouse en 1812. Dentro da igrexa hai unha inscrición que di "MDCCCXII" (1812). A bendición do templo produciuse o 15 de setembro de 1815.

Culto Na igrexa venérase a Virxe da Cela, aparecida no lugar da Cela Vella, na mesma parroquia.

Notas

Categoría:Baiona Baredo Baredo