Alana S. Portero, nada en Madrid en 1978, é unha escritora, poeta, dramaturga e directora escénica española que escribe sobre cultura, feminismo e activismo LGTB cun enfoque concreto na realidade das mulleres trans.
Traxectoria Portero naceu e medrou no barrio de San Blas en Madrid, e licenciouse en Historia, especializándose en Historia Medieval, pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM). É cofundadora da compañía de teatro STRIGA, que dirixía e na que actuaba. Escribe sobre cultura, feminismo e activismo LGTB para varios medios, como a revista Agente Provocador, eldiario.es, El Salto, SModa e Vogue España, ademais de no seu propio Patreon.
Portero escribiu diversos libros de poemas: La habitación de las ahogadas (2017); La próxima tormenta (2014); Irredento (2011); Fantasmas (2010). Tamén é súa a obra de teatro Música silenciosa (2008). Ademais, colaborou en numerosas antoloxías como La revuelta del pueblo cucaracha (2013), El descrédito (2013), Mundo Subterráneo (2015), Alcasseriana (2016), Vidas Trans (2019) ou Asalto a Oz (2019).
La mala costumbre é a súa primeira novela, que narra en primeira persoa a experiencia dunha nena trans atrapada nun corpo que non sabe habitar. Presentada con grande éxito na Feira do Libro de Frankfurt de 2022, traduciuse a diversos idiomas, incluídos o inglés, o francés, o alemán, o italiano, e o neerlandés.
Obra publicada Música silenciosa (2008). Teatro. Ediciones Endymion. ISBN 978-8477314684. Fantasmas (2010). Poesía. Ediciones Endymion. ISBN 978-8477314967. Irredento (2011). Poesía. Ediciones Endymion. ISBN 9788477315186. La próxima tormenta (2014). Poesía. Ed. Origami. ISBN 9788494209406. La habitación de las ahogadas (2017). Poesía. Ed. Harpo Libros. ISBN 978-8494539961. La mala costumbre (2023). Novela. Ed. Seix Barral. ISBN 9788432242120.
Recoñecementos (2023). "Reconocimiento Arcoíris" do Ministerio de Igualdade por "dar visibilidade ás mulleres trans en todo o seu traballo e moi especificamente na súa novela La mala costumbre". (2023). Candidata ao "Premio Les Inrockuptibles" (cat. publicación estranxeira) por La mala costumbre. (2024). Premio TTL 'Javier Morote' como autora revelación por 'La mala costumbre' (Seix Barral). (2024). Premio Cálamo 2023 (cat. mellor libro do ano) por La mala costumbre. (2024). Premio Openbank de Literatura by Vanity Fair como mellor obra de ficción en lingua castelá de 2023.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas La euforia de Alana S. Portero, artigo de opinión de Octavio Salazar en ElDiario.es Artigos de Alana Portero en eldiario.es Artigos de Alana Portero en El Salto
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Poetas de España Categoría:Dramaturgos en lingua castelá Categoría:Persoas trans Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid