Azanasius (en ), nado como Luis Abadir SidhumTamén Athanase Abadir, Athanasios Abadir, Louis Abadir. (en ) o 18 de agosto de 1922 en Al-Qusia e finado o 25 de maio de 1992, foi un eclesiástico católico copto, bispo de Ismailia.

Traxectoria Naceu o 18 de agosto de 1922 en Al-Qusia.O Annuario Pontificio nas súas diferentes edicións indica esta data. A páxina web coptcatholic.net indica o 8 de xullo mais pode ser un erro ao ser a mesma data da ordenación sacerdotal. Logo de ingresar no seminario menor, rematou a súa educación secundaria na escola dos xesuítas do Cairo en 1944. Posteriormente comezou estudos de Filosofía e Teoloxía, que rematou no Pontificio Colexio para a Propagación da Fe en Roma; alí foi ordenado sacerdote o 8 de xullo de 1950 polo patriarca Marcos II. Posteriormente, o seu bispo Aliksandrus Iskandar destinouno a Dalxa a finais de 1952; estivo máis adiante en Biblau e, a finais de 1954, en Abu Tix. Dende alí se trasladou ao Cairo en outubro de 1955 para dar clase no seminario.

Entre 1966 e 1967 trasladouse a Francia para o seu doutoramento sobre a figura de santo Atanasio, e a partir de setembro de 1969 pasou a dirixir o seminario patriarcal no Cairo. O 18 de maio de 1976 foi nomeado bispo titular de Appia e vigairo patriarcal e bispo auxiliar de Alexandría. Foi ordenado bispo o 26 de setembro de 1976 polo patriarca Estevo I Sidarus.

O 17 de decembro de 1982 foi nomeado bispo da nova eparquía de Ismailia, da que tomou posesión o 20 de febreiro de 1983. Foi membro do Comité de Diálogo entre a Igrexa Ortodoxa Copta e a Igrexa Católica, da Asociación de Institutos Teolóxicos de Oriente Medio, e do Secretariado para a Promoción da Unidade dos Cristiáns.

Finou no cargo o 25 de maio de 1992.

Tradutor Traduciu do francés ao árabe dúas obras de espiritualidade: L'Incarnation''', de Francis Ferrier (1960). Publicada no Cairo en 1962 co título (Al-Taxasud).La Rédemption par le sang'', de Philippe de la Trinité (1959). Publicada no Cairo en 1964 co título (Al-Fida).

Notas

Categoría:Nados en 1922 Categoría:Nados en Exipto Categoría:Finados en 1992 Categoría:Bispos católicos de Exipto Categoría:Bispos da Igrexa católica copta Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Tradutores do francés Categoría:Tradutores ao árabe Categoría:Tradutores de Exipto