Wang Daiyu (en chinés simplificado: 王岱舆; en chinés tradicional: 王岱輿; en pinyin: Wáng Dàiyú; en Wade-Giles: Wang2 Tai4-yü2; en xiao'erjing: ٔوْا دَﻰْ ﻳُﻮْ), nado cara ao 1570 e finado contra o 1660, foi un erudito musulmán de etnia hui. Chamábase a si mesmo Zhenhui laoren 真回老人 ("O auténtico ancián do islam").
Traxectoria Wang era descendente dun grupo de árabes que chegaran á China a comezos da dinastía Ming (1368-1644), como parte dunha embaixada diplomática. Dominou a astronomía e os cálculos do calendario, polo que foi nomeado Mestre Supervisor do Observatorio Imperial, cunha residencia en Nanjing.
Dende neno, estudou con seu pai, para logo continuar a súa aprendizaxe con Ma Junshi en Nanjing. Aos 20 anos, comezou a estudar o confucianismo, o budismo e mais o daoísmo, así como outras correntes sincréticas. No ano 15 do reinado do emperador Chongzhen, traduciu o Zhengjiao Zhenquan 正教真詮 ("O auténtico comentario do correcto ensino"), e comezou a verter outros escritos islámicos ao chinés. Wang defendeu a necesidade de obras musulmás en chinés, evitando a dependencia dos textos árabes. Posteriormente, escribiu o Qingzhen daxue 清真大學 ("A grande aprendizaxe do islam") e o Xizhen zhengda 希真正答 ("Respostas auténticas e estrañas"). Nos círculos musulmáns da China, é coñecido co título de "Gran Santo do período Qing".
Obra Wang dominaba o chinés, o persa e mais o árabe. Estudou en profundidade o confucianismo, que empregou para explicar o islam. Malia o seu interese polos eruditos confucianos, foi un grande crítico do budismo e mais do daoísmo. A súa intención era difundir a relixión a través do chinés clásico, xa que a meirande parte dos musulmáns da China non dominaban as linguas orixinais dos textos islámicos.
Os seus traballos acabaron formando parte da literatura han kitab, xunto con outros eruditos musulmáns como Liu Zhi ou Ma Zhu.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Finados en 1658 Categoría:Nados en 1585 Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Escritores da China