Pablo Xabier López Vidal, nado en Barbadás en 1968 e un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, exerceu como avogado, asesor xurídico e consultor en empresas privadas e en distintas institucións.
Nas eleccións municipais de 1995 e 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Barbadás e foi elixido concelleiro. Foi coordinador provincial do PSdeG-PSOE en Ourense de outubro de 2000Caras nuevas para el PSOE a maio de 2002. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2001 foi elixido deputado, tralo cal renunciou como portavoz e concelleiro en Barbadás. Volveu ser elixido deputado tralas eleccións autonómicas de 2005 e 2009.
En maio de 2012 disputoulle a Secretaría provincial do PSdeG en Ourense a Raúl Fernández, finalmente de forma infructuosaRaúl Fernández revalida su posición como secretario del PSOE con un apoyo del 73%. Non foi incluído na candidatura do PSdeG para as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, polo cal non continuou como deputadoLópez Vidal ve la lista del PSOE por Ourense como un «erro lamentable» e abandonou a primeira liña política.
Asumiu a Secretaría de Organización do PSdeG-PSOE na cidade de Ourense entre xuño de 2012 e xaneiro de 2018. Dentro dos procesos orgánicos do partido tidos lugar ao longo de 2017 foi dos principais apoios de Pedro Sánchez na cidade, apoiando posteriormente a Gonzalo Caballero a nivel autonómico e a Rafael Rodríguez Villarino a nivel provincial, resultando os 3 gañadores.
Notas
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Barbadás Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia