Soiuz 2 foi unha misión espacial non tripulada soviética lanzada o 25 de outubro de 1968 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz 2, unha Soiuz modelo 7K-OK sen tripulación a bordo, foi lanzada para acoplarse coa Soiuz 3, tripulada por Georgi Beregovoi e lanzada unhas horas despois. A misión foi planeada para gañar práctica nas citas e acoplamentos espaciais. Beregovoy non conseguiu acoplarse coa Soiuz 2, que debía servir como obxectivo pasivo, debido á súa insistencia en usar os controis manuais e saltarse os sistemas automáticos, gastando a maior parte do propelente adicado a manobras no seu primeiro intento de acoplamento. O resto da misión adicouse a facer diferentes probas coa cápsula, así como experimentos dirixidos á observación astronómica e á observación terrestre.
A Soiuz 2 volveu a terra o 28 de outubro de 1968.
Véxase tamén Outros artigos Soiuz 11A511 Soiuz 3
Notas
Categoría:Programa Soiuz