, nome de cortesía Yanhe, nado arredor do 465 e finado cara ao 522, foi un monxe budista, político e escritor chinés. Escribiu unha das poéticas chinesas máis importantes, o Wenxin diaolong. A súa biografía foi incluída no Liangshu.

Traxectoria Liu Xie naceu na actual Zhenjiang, aínda que a súa familia procede de Shandong. Quedou orfo na súa mocidade, e decidiu non casar, sexa por pobreza ou por convicción. Estudou budismo con Sengyou, contribuíndo á edición dos sutras no mosteiro de Dinglin até o falecemento do mestre. Foi durante esta etapa que redactou o Wenxin diaolong.

Máis adiante sería secretario de Xiao Hong, irmán do emperador Xiao Yan dos Liang. Tamén se encargou da loxística dunha unidade militar, e logo foi ascendido a maxistrado do condado de Tiamo (actual Longyou, provincia de Zhejiang). Posteriormente, traballou como secretario dos fillos do emperador até que foi enviado de volta ao mosteiro. Ao rematar a edición dos sutras, decidiu permanecer no templo.

Liu Xie tamén escribiu o Hong ming ji 弘明集 ("A gran iluminación") e o Shijie ji 世界集 ("Sobre o mundo"), ambas perdidas. Foi autor dun ensaio titulado Mie huo lun 滅惑論 ("Tratado sobre a refutación das falsidades").

Experimentos Liu Xie realizou unha serie de experimentos psicolóxicos nos que pediu aos seus estudantes que debuxaran un círculo cunha man, mentres coa outra facían un cadrado. O obxectivo desta proba era medir o nivel de distracción que os suxeitos podían xestionar. Segundo as súas observacións, a meirande parte dos participantes tiveron problemas para realizar as dúas tarefas simultaneamente. Trátase dun dos primeiros experimentos psicolóxicos da historia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Liu Xie (Proxecto Gutenberg) Liu Xie (La literatura china traducida en España)

Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Escritores da China Categoría:Clero budista