Patricia Domínguez Barja, nada na Pobra de Trives o 28 de xaneiro de 1979, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Avogada. Foi membro da executiva provincial do Partido Popular de Ourense entre 2013 e 2015, tralo cal se deu de baixa.
Alcaldía da Pobra de Trives
Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE na Pobra de Trives e foi elixida alcaldesa grazas ao apoio de Son de Trives. Gobernou en coalición con esta formación ata o mes de agosto dese ano, cando abandonaron o goberno, polo que continuou en minoría o resto do mandato. Nas municipais de 2023 foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta.
Durante o seu primeiro mandato o Concello da Pobra de Trives presentou un plan integral de rexeneración do comercio en zonas turísticas, que recibiu unha subvención de 368.974 euros do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, financiada con fondos Next Generation da Unión Europea.«O Concello de Trives recibirá unha achega de máis de 360.000 € para o seu plan integral de rexeneración do comercio en zonas turísticas». O Sil, 1 de xaneiro de 2022. Consultado o 22 de setembro de 2026. Dentro das actuacións de dixitalización do comercio local, en decembro de 2024 o Concello puxo en funcionamento MercaTrives, unha plataforma destinada á venda e promoción dos produtos dos negocios, comerciantes, produtores e artesáns do municipio.«Trives lanza una plataforma digital comercial para negocios y productores». La Voz de Galicia, 19 de decembro de 2024. Consultado o 22 de setembro de 2026.
En 2023 os concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río constituíron o proxecto Navea Valley, validado pola Unión Europea como a primeira Startup Village de España. A iniciativa foi creada para fomentar o emprendemento, atraer proxectos empresariais e favorecer o asentamento de poboación no medio rural.«Nace en Galicia la primera “Startup Village” de España». Red PAC, 29 de maio de 2023. Consultado o 22 de setembro de 2026.
En outubro de 2023 Domínguez asinou coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil un convenio para construír unha senda fluvial duns 1.200 metros nas marxes do río Fiscaíño. O proxecto contaba cun investimento inicialmente estimado en 195.000 euros, financiado nun 80 % pola Confederación e nun 20 % polo Concello.«Resolución de 13 de octubre de 2023, por la que se publica el Convenio con el Ayuntamiento de A Pobra de Trives». Boletín Oficial del Estado, 20 de outubro de 2023. Consultado o 22 de setembro de 2026. En decembro de 2024 asinou unha modificación do convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para ampliar o proxecto da senda fluvial do río Fiscaíño. A actuación pasou dos 1.165 metros previstos inicialmente a 1.643 metros e o seu orzamento elevouse ata os 650.000 euros, dos que a Confederación achegaría o 80 % e o Concello o 20 %.«Resolución de 16 de diciembre de 2024, por la que se publica la Adenda de modificación del Convenio con el Ayuntamiento de A Pobra de Trives». Boletín Oficial del Estado, 28 de decembro de 2024. Consultado o 22 de setembro de 2026.
En marzo de 2025 a corporación municipal aprobou por unanimidade o proxecto de mellora e rehabilitación do campo de fútbol municipal do Agro, cun investimento de 518.370 euros financiado pola Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello. O proxecto incluíu a substitución da herba natural por céspede artificial, a renovación da iluminación mediante proxectores LED e a mellora dos sistemas de drenaxe e rega.«Trives mejorará el Campo Municipal O Agro con una inversión de 518.370 euros». Ribeira Sacra Xa, 28 de marzo de 2025. Consultado o 22 de setembro de 2026.
En agosto de 2026 o Concello incorporou á súa frota de emerxencias un novo camión de bombeiros todo terreo procedente dunha doazón particular anónima. O vehículo foi destinado á intervención en incendios, accidentes e outras emerxencias, especialmente nos núcleos rurais e nas zonas de difícil acceso do municipio.«Un particular dona un camión para que Trives se refuerce contra el fuego». La Región, 22 de agosto de 2026. Consultado o 22 de setembro de 2026.
En 2026 o goberno municipal reclamoulle á Xunta de Galicia unha intervención integral no centro de saúde e no Punto de Atención Continuada da localidade. O Concello encargou unha memoria valorada sobre as necesidades do edificio e púxoa á disposición da Consellería de Sanidade. Esta indicou que o inmoble era de titularidade municipal e que estaba a estudar as necesidades detectadas polos técnicos do Servizo Galego de Saúde, sen estas concretarse.«Trives y Sanidade discrepan sobre quién debe asumir las mejoras del centro de salud». Somos Comarca, 21 de agosto de 2026. Consultado o 22 de setembro de 2026.
Traxectoria orgánica
En 2022 pasou a formar parte da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense encabezada por Rafael Rodríguez Villarino como secretaria de Acción Electoral. Desde 2024 forma parte tamén da Executiva Nacional Galega do partido como responsable de Emprendemento baixo a dirección de José Ramón Gómez Besteiro.
En abril de 2025 presentou a súa candidatura á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Ourense, apoiada por numerosos alcaldes e cargos do partido. Nas eleccións primarias obtivo o 46,2 % dos votos válidos, fronte ao 52,5 % conseguido por Álvaro Vila Araújo. Domínguez foi a candidata máis votada entre a militancia do resto da provincia cun 54%, mentres que a vantaxe de Vila na cidade de Ourense determinou o resultado final.Miguel Cao (18 de maio de 2025). «Álvaro Vila coge el timón de un PSOE ourensano dividido». La Región. Consultado o 22 de setembro de 2026.
Tras o congreso provincial, Domínguez afirmou que os acordos mínimos negociados para integrar as diferentes sensibilidades do partido na nova dirección non foran cumpridos por parte de Vila e manifestou a súa preocupación pola situación interna da organización.
Vida persoal É avogada de profesión, está casada e ten un fillo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Pobra de Trives
Categoría:Alcaldes da Pobra de Trives Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados na Pobra de Trives Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes