Martín Solar Ruiz, nado en Santander o 30 de xaneiro de 2000, é un futbolista español que xoga como centrocampista na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse na canteira do Racing de Santander e debutou co filial na Terceira División o 25 de agosto de 2019, nunha derrota por 1-3 ante o Siete Villas. O 7 de xullo de 2020 debutou co primeiro equipo do Racing na Segunda División, substituíndo a Mario Ortiz na segunda metade dunha derrota por 0-1 ante o Fuenlabrada. Para a tempada 2020/21 subiu definitivamente ao primeiro equipo, xa na Segunda División B.

En agosto de 2021 fichou polo Recreativo Granada, da Segunda División RFEF, no que xogou durante dúas campañas. No verán de 2023 asinou coa Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.

Notas

Categoría:Nados en Santander Categoría:Nados en 2000 Categoría:Futbolistas de Cantabria Categoría:Xogadores do Racing de Santander B Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa