Margaret Lindsay, Lady Huggins, nada en Londres o 14 de agosto de 1848 e finada en Dublín o 24 de marzo de 1915, de solteira Margaret Lindsay Murray, foi unha investigadora científica e astrónoma británica irlandesa. Xunto co seu marido William Huggins foi unha pioneira no campo da espectroscopia e coautora do Atlas of Representative Stellar Spectra ("Atlas do Espectro Estelar "Representativo") (1899).

Traxectoria O seu avó ensinoulle a identificar as constelacións, o que a levou a comezar a estudar o ceo con instrumentos caseiros. Construíu o seu propio espectroscopio despois de atopar inspiración nos artigos sobre astronomía da revista Good Words.

Logo o seu interese e as habilidades na espectroscopia levárona a coñecer ao astrónomo William Huggins, con quen casou en 1875. Hai evidencias que indican que ela foi a que instigou o exitoso programa de investigación fotoastronómica do seu marido.

En 1903, compartindo esta honra con Agnes Mary Clerke, foi elixida membro honorario da Royal Astronomical Society, un rango que antes só se concedeu a outras dúas mulleres, Carolina Herschel e Mary Somerville.

Notas

Categoría:Nados en Dublín

Categoría:Astrónomos de Irlanda Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1915