Juan Arturo Marquina Vázquez, nado en 1933 e finado no Carballiño o 1 de xaneiro de 2024, foi un político galego que chegou a ser alcalde do Carballiño.
Traxectoria Profesionalmente foi empregado de banca, primeiro na Caixa de Aforros provincial de Ourense, e logo director da sucursal do BBVA no Carballiño, que foi o posto en que se xubilou.
Nas eleccións municipais de 1991 foi elixido concelleiro polo PPdeG nas listas que encabezaba José Luis García Rodríguez e que sería elixido alcalde tras un pacto con Converxencia Centrista. Rodríguez dimitiu en decembro de 1993 e foi substituído por Marquina, que continuou de alcalde ata as municipais de 1995. Neses comicios encabezou a candidatura do PPdeG e foi superado polo PSdeG de Pachi Vázquez, o cal pasou a ostentala alcaldía e gobernar en coalición co BNG. Continuou como líder da oposición carballiñesa, pero non se presentou aos seguintes comicios.
Vida persoal Casou e tivo cinco fillos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais no Carballiño
Categoría:Alcaldes do Carballiño Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes