Shenzhou 13 foi un voo tripulado cara á Estación Espacial Chinesa. Foi lanzada o 15 de outubro de 2021 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.
Características Shenzhou 13 foi unha misión tripulada polo comandante Zhai Zhigang, o operador Wang Yaping e o operador de sistemas Ye Guangfu. Foi a segunda nave tripulada en acoplarse á Estación Espacial Chinesa e a primeira en facelo ao porto nadir (o que mira á Terra). A misión da tripulación foi realizar mantemento da estación e probar tecnoloxías para futuros acoplamentos e a expansión da estación espacial. Shenzhou 13 regresou a terra o 16 de abril de 2022.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos CZ-2F Shenzhou 1 Shenzhou 2 Shenzhou 3 Shenzhou 4 Shenzhou 5 Shenzhou 6 Shenzhou 7 Shenzhou 8 Shenzhou 9 Shenzhou 10 Shenzhou 11 Shenzhou 12 Shenzhou 14 Shenzhou 15 Shenzhou 16 Tiangong 2 Estación Espacial Chinesa
Categoría:Programa Shenzhou