Pion é o nome dunha serie de satélites soviéticos e posteriormente rusos para a medición da atmosfera terrestre
Características Os satélites Pion viaxaban acaroados a satélites Resurs F e liberados unha vez postos estes en órbita. Foron usados para a calibración de sistemas de seguimento terrestres e para o estudo da densidade da atmosfera superior. Tiñan forma de esfera de 70 cm de diámetro e unha masa duns 50 kg. Levaban unha Batería que alimentaba un transmisor. A súa vida media unha vez en órbita era de dous meses. En total lanzáronse seis satélites Pion.
Misións Pion
MisiónData de lanzamentoSatélite ResursPion 125 de maio de 1989Xunto con Resurs F1Pion 225 de maio de 1989Xunto con Resurs F1Pion 318 de xullo de 1989Xunto con Resurs F3Pion 418 de xullo de 1989Xunto con Resurs F3Pion 519 de agosto de 1992Xunto con Resurs F16Pion 619 de agosto de 1992Xunto con Resurs F16
Notas
Véxase tamén Outros artigos Resurs
Categoría:Satélites artificiais da Unión Soviética Categoría:Artigos sen imaxes Categoría:Satélites artificiais de Rusia