dereita|miniatura|PM Friol na Copa da Raíña de fútbol, 2023
O Club Peluquería Mixta Friol é un equipo galego de fútbol feminino fundado en Friol en 1988. Historia
O equipo naceu en 1988, e en 1996 creouse a sección feminina cun equipo de fútbol sala. En 2006 creouse o equipo de fútbol feminino, que na tempada 2006-07 gañou a Liga Autonómica e ascendeu á Liga Nacional. Na tempada 2019/20 comezou a xogar na liga Reto Iberdrola (a segunda división), e creouse un equipo filial.
Na tempada 2023-24 xoga na Segunda Federación feminina e participa na Copa da Raíña de fútbol.
Notas
Categoría:Friol
Categoría:Equipos de fútbol feminino de Galicia