A Polyommatus bellargus é unha especie de bolboreta da familia Lycaenidae natural da rexión paleártica.

Distribución e hábitat A súa área de distribución inclúe Europa (occidente, centro e sur), Turquía, Iraq, Irán, o sur de Rusia, Cáucaso, e Transcaucasia.

Descrición esquerda|miniatura|240x240px|Polyommatus bellargus pousada sobre un Daphne gnidium. É unha bolboreta pequena, cunha envergadura duns 17 mm. O corpo é peludo e firme. Esta especie de bolboretas ten un dimorfismo sexual moi evidente, posto que, mentres que as ás dos machos son de coloración azul ceo con reflexos metálicos, as das femias son marróns. Á cara inferior, a coloración, dunha cor beixe clara con manchas pequenas, é moi parecida nos dous sexos.

Bioloxía A eiruga desta especie é moi pequena e soamente alcanza 14 mm de lonxitude máxima. Aliméntase principalmente das follas da planta herbácea Hippocrepis comosa, da familia das papilonáceas, de follas pinnaticompostas, flores amarelas e froito constituído por segmentos en forma de ferradura e con curvas, propia dos páramos e dos prados secos.

As eirugas teñen unha característica moi curiosa, a mirmecofilia, fenómeno de relación simbiótica con formigas, neste caso, dos xéneros Myrmica, Lasius, Tapinoma e Plagiolepis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Lysandra bellargus. EOL

Categoría:Animais descritos en 1775 Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia