Plan 75 é un filme xaponés de 2022 dirixido por Chie Hayakawa. Está protagonizado por Chieko Baisho, Hayato Isomura e Stefanie Arianne. Foi escollido como candidato do Xapón para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Chieko Baisho como Mishi Kakutani Hayato Isomura como Himoru Okabe Stefanie Arianne como Maria Yuumi Kawai como Yoko Narimiya Takao Taka como Yukio Okabe Ohkata Hisako como Ineko Kazuyoshi Kushida como Fujimaru Yusaku Mori Yoko Yano como compañeira de Mishi Mari Nakayama como compañeira de Mishi

Estrea O filme estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2022 o 20 de maio. Gañou unha mención especial na competición pola Caméra d'Or. Estreouse nos cinemas do Xapón o 17 de xuño dese ano.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Xapón propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes en lingua filipina Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de Filipinas Categoría:Filmes de Francia