Carla Núñez, nada en Vigo (Dodro), é unha cómica e guionista galega.

Traxectoria

Estudou a carreira de comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, e realizou o seu proxecto de fin de grao sobre a creación dun selo discográfico.

Traballou como guionista en programas da TVG como o reality de aventuras Salvaxe ou Land Rober Tunai Show, dirixiu Malas Pécoras e colabora habitualmente en programas da Radio Galega e TVG.

É a creadora e presentadora do podcast de comedia en galego Todo mal, xunto a Marcos López.

Notas

Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:guionistas de Galicia Categoría:Nados en Dodro Categoría:Nados en 1994 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela