Farha (en ) é un filme xordano de 2021 dirixido e escrito por Darin J. Sallam. O filme fala sobre a experiencia de maduración dunha nena palestina durante a Nakba, o desprazamento de palestinos da súa terra natal en 1948, e baséase na historia dunha nena chamada Radieh. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 14 de setembro de 2021 e estreouse en liña a través de Netflix o 1 de decembro de 2022.
Foi escollido como candidato de Xordania para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Karam Taher como Farha Ashraf Barhom como Abu Farha Ali Suliman como Abu Walid Tala Gammoh como Farida Sameera Elasir como Um Mohammad Majd Eid como Abu Mohammad Firas Taybeh como Abu Farida
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Xordania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua hebrea Categoría:Filmes de Xordania Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes de Arabia Saudita