Salvador Gil Moure, coñecido como Carolo, nado en Arcos (Chantada) cara a 1913 e finado na Peroxa o 7 de febreiro de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Veciño de Gomesende. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Formou parte do grupo de Benjamín García Diéguez que actuaba na Serra do Faro. Incorporouse ao grupo de Victorino Quintana Vázquez. Cando a Garda Civil rodeou a casa de Vilelos (O Saviñao) na que estaban agochados o 17 de decembro de 1939, logrou fuxir do cerco con Jesús López Suárez, mentres que Victorino Quintana Vázquez foi morto e Benjamín Argiz Fiunte capturado e asasinado días despois. Integróuse no grupo guerrilleiro comandado polos irmáns Antonio e Eulogio Rodríguez González que actuou dende 1939 nos Peares e na Peroxa xunto con Clemente Justo Quiroga Vázquez, e do que formaban parte os enlaces Lino Fernández Rodríguez, Agustín Rodríguez Incógnito e Severo Rodríguez Peleteiro.La Región, 17-2-1942. Cando os irmáns Rodríguez González marcharon a Cataluña en agosto de 1941, quedou ao mando do grupo. Foi requirido polo xuíz militar de Lugo pola causa 422/41 por atraco a Ricardo Sobrado Fernández, de Sabadelle, e morte do garda civil Rogelio González Coldeiro, xunto con Jesús López Suárez.El Progreso, 21-6-1941, p. 3. Foi condenado pola propia guerrilla por roubar aos labregos e morto por unha bomba de man na Peroxa, na liña de ferrocarríl Monforte-Vigo, o 7 de febreiro de 1942.El Pueblo Gallego, 18-2-1942, p. 5.El guerrillero desconocido (1945, un maqui en la cárcel de Cuenca). Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes