Antonio Rodríguez González, nado en Vilar de Carracedo (Carracedo, A Peroxa) o 24 de outubro de 1914 e finado en Cañizares (Cuenca) o 27 de xaneiro de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Fillo de Agustín Rodríguez Incógnito. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en filas no Rexemento de Infantaría de Montaña Simancas de Gijón, e incorporouse á CNT. Combatiu no exército republicano e foi comandante dun batallón. Coa caída da fronte de Asturias volveu a Galicia e estivo agochado. Ao rematar a guerra xunto co seu irmán Eulogio formaron un grupo guerrilleiro que actuou nos Peares e na Peroxa xunto con Salvador Gil Moure e Clemente Justo Quiroga Vázquez, e do que formaban parte os enlaces Lino Fernández Rodríguez, o seu pai Agustín Rodríguez e Severo Rodríguez Peleteiro. En agosto de 1941 marcharon a Sabadell e desde alí participou na orde de matar a Salvador Gil Moure. Detiveron ao seu pai Agustín e outros colaboradoes e enlaces o 13 de febreiro de 1942.El Pueblo Gallego, 18-2-1942, p. 5.La Región, 17-2-1942. Pasaron clandestinamente a Francia no verán de 1944.
Participou na Operación Reconquista de España entrando en España o 4 de outubro de 1944 coa Brigada 21 da 204 División. Con Esteban Rueda de la Hera, José Andrés Benito Vindel e o seu irmán Eulogio adentráronse en España e logo de pasar o Ebro atravesaron o Maestrazgo e presentáronse en Tragacete vía Teruel, nos Montes Universales. Utilizaba o nome de José Iglesias Iglesias. Descubertos e perseguidos, foron cercados en Tragacete o 13 de xaneiro de 1945; José Andrés e Esteban foron abatidos, Antonio foi ferido, pero os irmáns Rodríguez lograron fuxir. Foron localizados o día 27 en Cañizares, Antonio foi abatido na cova de Cueva del Hierro, preto do Caserío de Huerta de Marojales e Eulogio capturado dous días despois.
Vida persoal
Casou en Carracedo con Adelaida del Río en 1940. Notas
Véxase tamén Bibliografía
El guerrillero desconocido (1945, un maqui en la cárcel de Cuenca).
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados na Peroxa Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1945