Blokád é un filme biográfico húngaro de 2022 dirixido por Ádám Tősér e protagonizado por Attila Vidnyánszky e Zoltán Seress.Antall József és Göncz Árpád összefeszül a taxisblokád-film, a Blokád előzetesében – 24.hu, 2022. szeptember 15. Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse O filme narra os catro días de bloqueo dos taxis que se produciu no país en 1990, e fai unha ollada ás loitas e os acordos entre bastidores, así como á vida persoal do primeiro ministro József Antall, quen loitou pola democracia.
O filme mestura ficción e realidade. Para o guión tamén se utilizaron dous libros de Imre Kónya (membro do consello de MDF daquela): Antall József közelről (2019), A rendszerváltozás belülről – Személyes történelem (2022).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hungría propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua húngara Categoría:Filmes de Hungría Categoría:Filmes baseados en feitos reais