Chhello Show (en ) é un filme indio de 2021 dirixido por Pan Nalin. Está protagonizado por Bhavin Rabari, Bhavesh Shrimali, Richa Meena, Dipen Raval e Paresh Mehta. O filme estreouse na 20ª edición do Festival de Cinema de Tribeca o 10 de xuño de 2021 e nos cinemas da India o 14 de outubro de 2022.
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, chegando a clasificarse na lista curta de decembro.
Sinopse Samay (Bhavin Rabari) é un neno de nove anos de Chalala, unha aldea de Saurashtra, Gujarat, na India, que pasa un verán enteiro vendo filmes dende a cabina de proxección dun cinema subornando ao proxeccionista Fazal (Bhavesh Shrimali). Está absolutamente hipnotizado polos fimes e a realización cinematográfica, ata o punto de que decide converterse en cineasta, descoñecendo os tempos desgarradores que lle esperan.
Personaxes Bhavin Rabari como Samay Bhavesh Shrimali como Fazal Richa Meena como Baa Dipen Raval como Bapuji Paresh Mehta como director do cinema Vikas Bata comom Nano Rahul Koli como Manu Shoban Makwa como Badshah Kishan Parmar como ST Vijay Mer como Tiku Alpesh Tank como Mr. Dave Tia Sebastien como Leela Mila Jasmin Joshi como Rathor
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua gujarati Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Pan Nalin Categoría:Filmes rodados en Gujarat Categoría:Filmes ambientados na India Categoría:Filmes sobre cinema Categoría:Filmes sobre nenos