A batalla de Cernesa tivo lugar en Cernesa ou Cerneja, un lugar aínda sen identificar de Galiza preto da Limia, en 1139/40 ou en 1137 segundo algúns autores, entre o recentemente autroproclamado rei de Portugal Afonso I e os condes do reino de Galiza Fernán Pérez de Traba e Rodrigo Vélaz, loitando en nome de Afonso VII.
Antecedentes Tras a vitoria portuguesa na Batalla de San Mamede (1128), o conde portugués, Afonso Henriques, comezou un esforzo concertado para establecer a súa independencia, sendo cada vez máis incómodo compartir o poder coa súa nai, a condesa Tareixa, que contaba co apoio da nobreza galega e o seu amante, Fernán Pérez de Traba. A Chronica Adefonsi imperatoris sinala que "antes disto, o monarca portugués intentara a invasión de Galiza varias veces, pero sempre fora expulsado por Fernán Pérez e Rodrigo Vélaz ademais de outros dirixentes galegos. Moitas veces viuse obrigado a regresar a Portugal deshonrado". Entre 1137, cando asinou o Tratado de Tui, recoñecendo a Afonso VII como o seu soberano, e 1139 Afonso I proclamouse rei de Portugal.
Batalla Nese ano, ou máis probablemente o seguinte (1140), Afonso reuniu un exército e marchou cara a Galiza, acampando preto da Limia. Fernán Pérez, que controlaba a Galiza occidental, e o seu aliado Rodrigo Vélaz, que controlaba o leste, convocaron aos outros nobres galegos, cualificados como homes leais a Afonso VII, para opoñerse ao avance portugués. Na batalla posterior foron derrotados. O autor anónimo da crónica, que atribúe a súa derrota aos seus pecados, conta a expedición nun parágrafo:
Notas
Véxase tamén Outros artigos Batalla de San Mamede Batalla de Ourique
Categoría:Século XII en Galicia Cernesa Categoría:Batallas do Reino de Galicia Categoría:Historia medieval de Portugal Categoría:Batallas do século XII Categoría:Batallas do Condado de Portucale