é unha serie ONA xaponesa producida por Studio Deen e dirixida por Shinobu Tagashira. A serie adapta varias historias curtas de Junji Ito, incluíndo The Hanging Balloons, Sōichi e Tomie. Estreouse a través de Netflix o 19 de xaneiro de 2023.

Produción e estrea A serie anunciouse orixinalmente o 8 de xuño de 2022, e díxose dela que adaptaría varias das historias de Junji Ito, como The Hanging Balloons, Sōichi, e o manga Tomie. A serie foi dirixida por Shinobu Tagashira e producida por Studio Deen, con Kaoru Sawada como escritor dos guións e Yuki Hayashi como compositor da música. A serie estreouse en Netflix o 19 de xaneiro de 2023. O tema de inicio da serie é "Paranoid" por MADKID, mentres que o tema do final é de JYOCHO.

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2023 Categoría:Series de televisión do Xapón