Axóuxere foi unha publicación semanal galega de dúas follas, editada por La Región os sábados como suplemento infantil do xornal ourensán, durou do 3 de agosto de 1974 ao 11 de xaneiro de 1975.
Historia O suplemento botou a andar no verán de 1974. O seu director foi o escritor, e naquel momento tamén mestre de ensino primario, Paco Martín.
Foi, xunto coa publicación Vagalume (1975) a primeira publicación infantil en galego do franquismo, co incipiente aperturismo do tardofranquismo respecto á lingua galega, prohibida en moitos eidos durante o réxime.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Banda deseñada
Categoría:Prensa escrita de Ourense
Categoría:1974 en Galicia Categoría:Revistas en lingua galega