miniatura|380x380px|Un fotógrafo de guerra nunha rúa inzada de diñeiro xaponés de ocupación, en Yangón, Myanmar, 1945. A moeda de ocupación do Imperio Xaponés, coñecidos tamén como billetes do Banco de Desenvolvemento do Sur (oficialmente "billetes militares da guerra do Sueste Asiático", pola súa tradución do xaponés 大東亜戦争軍票, Dai Tō-A Sensō gunpyō), foi a moeda emitida entre 1942 e 1945 pola autoridade militar xaponesa, en substitución da moeda local, logo da conquista de colonias e a ocupación doutros estados durante a segunda guerra mundial.Ohnuki, M. (2002). "Modern Japanese Financial History as Seen Through Its Currency. 3.6 The Wartime Economic System". Bank of Japan.

Historia En febreiro de 1942 aprobáronse no Xapón as leis polas que se creaban o Banco de Financiamento en Tempo de Guerra e o Banco de Desenvolvemento do Sur. Ambas as institucións emitiron bonos para recadar fondos. O Banco de Financiamento de Tempo de Guerra prestaba diñeiro principalmente ás industrias militares, mais tamén a unha ampla gama doutras empresas, como as compañías de enerxía eléctrica, de construción naval e do petróleo.

Pola súa banda, o Banco de Desenvolvemento do Sur prestaba servizos financeiros nas zonas ocupadas polo exército xaponés. Os billetes do Banco de Desenvolvemento do Sur utilizábanse de facto como diñeiro militar de emerxencia. En decembro de 1942, o saldo dos billetes do Banco de Desenvolvemento do Sur ascendía a máis de 470 millóns de iens e en marzo de 1945 superaba xa os 13.000 millóns.

miniatura|260x260px|Milleiros de billetes da ocupación xaponesa foron queimados en 1945 logo da liberación dos territorios por parte das tropas aliadas, neste caso nas Indias Orientais Neerlandesas.

Os xaponeses, que xa estaban en guerra coa China, ampliaron en 1940 o alcance das súas operacións militares en Asia e entraron na segunda guerra mundial a finais de 1941 co ataque a Pearl Harbor. Durante esa contenda, o Xapón invadiu varios países asiáticos e ocupou vastos territorios, nos que estableceu administracións militares."World War II in the Pacific". Holocaust Encyclopedia.Gruhl, W. (2011). Imperial Japan's World War Two: 1931-1945. Transaction Publishers. ISBN 9781412809269

A partir da toma das illas Filipinas, os militares xaponeses confiscaron toda a moeda forte, tanto a que estaba en mans públicas como a dos particulares, e substituíuna por papel moeda impreso localmente, que levaba unha proclamación de emisión militar."Coins". En The New York Times. 2 de febreiro de 1992. Todos os billetes levaban unha alusión ao Goberno imperial xaponés e algúns amosaban tamén a "promesa de pagar ao portador á vista". Este diñeiro militar ficou sen valor logo do derrocamento da Administración xaponesa. Nese momento queimáronse varias toneladas de billetes, xa que a tropas xaponesas recibiron a orde de destruír os rexistros bancarios e calquera resto de moeda antes da capitulación.Slabaugh, A. (1963).

Coa fin da segunda guerra mundial, a moeda que circulaba en nome do poder xaponés perdeu inmediatamente o seu valor e foi rexeitada na súa totalidade. Ademais da emitida nas Filipinas, oubo tamén emisións de moeda militar xaponesa en Birmania (o actual Myanmar); na Malaisia británica, Borneo do Norte e Sarawak (a actual Malaisia); en Singapur; en Brunei; nas Indias Orientais Neerlandesas (a actual Indonesia) e nalgunhas zonas de Oceanía (Nova Guinea e as illas Salomón e Gilbert).Vicente, J. R. (2015). "Dinero japonés de ocupación". En Curiosidadesnumismaticas.blogspot.com. 23 de febreiro.Wong, H. S. (1996).

As forzas aliadas e a poboación civil fixéronse con grandes cantidades desta moeda ao final da guerra. Moitos destes billetes conserváronse como recordo de guerra e actualmente están en coleccións privadas e de museos; o Museo Británico alberga máis de 200 exemplares."Japanese Imperial Government". The British Museum.Lua, N. "Japanese occupation money and the Battle of Balikpapan". Chinesemoneymatters.wordpress.com

Emisións de papel moeda

Filipinas O 10 de decembro de 1941, as tropas xaponesas desembarcaron na illa de Luzón.Morton, L. (1995). U.S. Army in World War II. The Fall of the Philippines. The War in the Pacific. "Chapter VI: The First Landings". Center of Military History. Páxinas 98-114. Os xaponeses invadiron Manila o 2 de xaneiro de 1942,"Manila occuped by Japanese Forces". En Sunday Morning Herald. 3 de xaneiro de 1942. e no proceso capturaron máis de 20,5 millóns de dólares en moeda estadounidense e local, así como unha cantidade descoñecida de divisas e lingotes de metais preciosos. Os xaponeses utilizaron esta moeda forte no estranxeiro para comprar materias primas, arroz e armas para alimentar a súa maquinaria de guerra, e no canto dela emitiron varias series de moeda fiduciaria para a súa circulación no territorio ocupado. A primeira emisión, en 1942, consistiu en billetes cos valores faciais de 1, 5, 10 e 50 centavos, e de 1, 5 e 10 pesos."Philippines. Japanese Occupation WWII". Banknote.ws"History of Philippine Paper Money: Japanese Invasion Money". Phil-philately.com

En 1943 apareceron os "billetes de substitución" de 1, 5 e 10 pesos. En 1944 púxose en circulación o billete de 100 pesos e pouco despois o de 500 pesos, que trouxo consigo a inflación. Preto da fin da guerra, en 1945, os xaponeses emitiron un billete de 1.000 pesos. As pranchas para este billete completáronse en Manila pouco antes de que as tropas estadounidenses entrasen na cidade o 3 de febreiro de 1945, e os xaponeses imprimiron o billete de 1.000 pesos mentres se retiraban de Manila a Baguio.

Esta é unha mostra dalgúns dos billetes emitidos polos xaponeses en Filipinas:

Anos despois de finalizar a segunda guerra mundial, o 8 de xaneiro de 1953 fundouse unha organización chamada The Japanese War Notes Claimants Association of the Philippines —JAPWANCAP— ("Asociación de Reclamantes de Billetes de Guerra Xaponeses de Filipinas"). miniatura|259x259px|Billete do dominio xaponés en Filipinas co selo da JAPWANCAP. O obxectivo desta enitidade era exercer presión sobre os gobernos estadounidense e filipino para trocaren ou pagaren unha fracción do valor das emisións militares xaponesas de moeda para Filipinas. A asociación custodiaba os billetes e emitía certificados de afiliación, tarxetas de identificación oficiais e cartillas de depósito, a cambio dunha cota.Dowey, J. "Japanese Military Pesos After the War". Philipine Currency During World War Two (Guerrilla-money.com).Vicente, J. R. (2019). "El fiasco del JAPWANCAP". En Curiosidadesnumismaticas.blogspot.com. 28 de septiembre.

O Goberno filipino non amosou interese sobre este asunto e os esforzos da asociación foron infrutuosos. En 1967, JAPWANCAP demandou o Goberno dos Estados Unidos por reciprocidade e perdeu a demanda. As batallas xudiciais contra o Xapón prolongáronse durante décadas, con casos que chegaron ata as máis altas instancias xudiciais xaponesas."The Japanese War Notes Claimants Association of the Philippines". U.S. Court of Claims. 17 de febreiro de 1967.

Malaisia, Singapur, Borneo do Norte, Sarawak e Brunei

Os xaponeses comezaron o seu ataque contra os territorios británicos da península Malaia o mesmo día que en Pearl Harbor, entrado por terra desde o norte. A base fortificada de Singapur caeu o 15 de febreiro de 1942,"15 February 1942: Singapore forced to surrender". BBC.co.uk e foi retida co resto da Malaisia británica polos xaponeses ata agosto de 1945.Fisher, Max. (2012). "The Emperor's Speech: 67 Years Ago, Hirohito Transformed Japan Forever". En The Atlantic. 15 de agosto. O diñeiro de guerra creado polos xaponeses para estes territorios está expresado en dólares, do mesmo xeito que aquel ao que substitúe: o dólar malaio."Decree: The sole currency in Malaya shall be the Military Notes [...]". En Syonan Shimbun. 23 de febrero de 1942. Páxina3.

En 1942, os xaponeses emitiron papel moeda con valores de 1, 5, 10 e 50 centavos, e de 1, 5 e 10 dólares. Ao principio, os billetes de 1, 5 e 10 dólares portaban números de serie, e posteriormente omitíronse."Malaya. Japanese Government. 1942-1945 issue". Banknote.ws

En 1944, a inflación levou á emisión dun billete de 100 dólares e en 1945 este billete substituíuse por un novo, e ademais engadiuse un billete hiperinflacionario de 1.000 dólares. A primeira serie de billetes, de 1942, así como o primeiro billete de 100 dólares, amosaban a inscrición THE JAPANESE GOVERNMENT PROMISES TO PAY THE BEARER ON DEMAND ("O Goberno xaponés comprométese a pagar ao portador cando o solicite"). Na emisión de 1945 esta mensaxe foi retirada dos billetes.

Dado que os metais eran un material de guerra necesario, os xaponeses non emitiron moeda metálica durante as súas ocupacións. O diñeiro de ocupación, incluídos os valores máis pequenos, imprimíanse en papel. Así e todo, no Museo do Diñeiro do Banco Central de Malaisia, en Kuala Lumpur, exponse a cuñaxe dunha proba para unha moeda que demostra que se pensou en emitir tamén moeda metálica durante a ocupación. Trátase dunha peza de aluminio con valor de 20 centavos, co nome MALAYSIA no anverso e a data 2602, do calendario xaponés, equivalente a 1942, e un deseño tipicamente xaponés no reverso, cun Sol radiante e flores de sakura.

O topónimo Malaysia utilizouse por vez primeira nunha moeda nesa proba de 1942, aínda que o nome oficial do país non cambiou de Malaya a Malaysia —adaptado en galego como Malaisia— ata o 16 de setembro de 1963. No entanto, Malaysia xa fora de uso común desde o século XIX, e o Ministerio de Finanzas de Osaca, no Xapón, verificou que a proba de 20 cents de 1942 fora cuñada na Casa da Moeda de Osaca, e que a inscrición MALAYSIA respondía á denominación xaponesa para esa rexión, naquel momento.Klinger, D. (2006). "Japanese Occupation Pattern Coin". En Kingler's Place (Davidklinger.blogspot.com)

Esta é unha mostra dos billetes emitidos polos xaponeses para os territorios de Malaisia, Singapur, Borneo do Norte, Sarawak e Brunei:

Birmania Os xaponeses comezaron a invasión de Birmania —actual Myanmar— en decembro de 1941, e conquistaron Mandalay o 21 de maio de 1942,"Japanese conquest of Burma, December 1941-May 1942". Historyofwar.orgGrant, I. L. (1999). Burma, 1942: The Japanese Invasion. Zampi Press. ISBN 978-0952108313 obrigando os británicos a retirarse á India.Tinker, H. (1975). "A Forgotten Long March: The Indian Exodus from Burma, 1942". En Journal of Southeast Asian Studies. Vol. 6. Nº 1. Páxinas 1-15. Birmania estivo retida polas tropas xaponesas ata a segunda campaña aliada de 1944, aínda que a rendición oficial non se produciu ata agosto de 1945.Fisher, Max. (2012). "The Emperor's Speech: 67 Years Ago, Hirohito Transformed Japan Forever". En The Atlantic. 15 de agosto.

En 1942, o Goberno xaponés comezou a emitir unha serie de billetes para a Birmania ocupada con valores de 1, 5 e 10 centavos, e de ¼, ½, 1, 5, 10 e 100 rupias, que concluíu en 1944."Burma. Japanese Occupation & Japanese Puppet State". Banknote.ws

Esta é unha mostra dalgúns dos billetes emitidos para a Birmania ocupada:

miniatura|259x259px|Billete de 5 kyat do estado monicreque de Birmania, cunha sobreimpresión posterior en caracteres xaponeses."Burma: 5 Kyats ND(1944)". Banknote.ws Á parte da alusión ao Goberno xaponés como autoridade emisora e ao valor facial, expresadas en inglés, estes billetes amosan tamén a inscrición "Goberno do Gran Xapón Imperial" en caracteres xaponeses, así como o símbolo do Ministerio de Finanzas do Xapón.

En 1943, os xaponeses, logo da conmutación da condena a Ba Maw, un aberto defensor do autogoberno birmano, instalárono como xefe dun estado monicreque.Obituario: "Burma's First Prime Minister". En The Washington Post. 5 de xuño de 1977. O ano seguinte, o Banco Estatal de Birmania, do novo Estado, emitiu billetes de 1, 5 e 10 kyat, e en 1944 un billete de 100 kyat. En ningún destes billetes hai xa alusións ao poder imperial xaponés e as únicas inscricións están escritas exclusivamente en lingua birmana.