Die Kaiserin é unha serie de televisión alemá de 2022 baseada na vida da emperatriz Sissi de Austria. Está protagonizada por Devrim Lingnau no papel da emperatriz e Philip Froissant como Emperador Francisco Xosé. Estreouse en Netflix o 29 de setembro de 2022. Foi a segunda serie de Netflix máis vista en todo o mundo durante dúas semanas, e a sétima en lingua non inglesa máis popular de 2022, con máis de 150 millóns de horas reproducidas. O 8 de novembro de 2022, Netflix renovou a serie para unha segunda tempada. Netflix tamén encargou unha novela, The Empress: A Novel, escrita por Gigi Griffis, a cal publicouse dous días antes da estrea en liña da serie.

Personaxes

Devrim Lingnau como Sissi de Austria Philip Froissant como Francisco Xosé I de Austria Melika Foroutan como Sofía de Baviera, nai do emperador Johannes Nussbaum como Maximiliano I de México, irmán do emperador Elisa Schlott como Helena de Baviera, irmá máis vella de Sissi Jördis Triebel como Ludovica de Baviera, nai de Helena e Sissi Almila Bagriacik como Condesa Leontine von Apafi Hanna Hilsdorf como Condesa Amalia von Salm-Reifferscheidt Runa Greiner como Condesa Charlotte von Stubenberg Svenja Jung como Condesa Louise Gundemann Andreas Döhler como Maximiliano Xosé de Baviera Wiebke Puls como Condesa Sophie Esterházy Michael Fuith como Francisco Carlos de Austria Felix Nölle como Luís Vítor de Austria Martin Butzke como Gustav, príncipe de Vasa Alexander Finkenwirth como Alexander von Bach Leopold Hornung como Karl Ferdinand von Buol Patrick Rapold como Franz Liszt August Schmölzer como Joseph Othmar Rauscher

Notas

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión en lingua alemá Categoría:Series de televisión de Alemaña Categoría:Series de televisión ambientadas no século XIX