Pula, en serbocroata Pula (Grad Pula) en italiano Pola (Città di Pola)Sitio oficial, véxase tamén a lista de cidades e municipios no Condado de Istria (ref. p/ ) e a narodne-novine lista (ref. p/ ), en esloveno Pulj, é a cidade máis grande de Istria, Croacia, e está situada no extremo sur desa península. A súa poboación é de habitantes, dos cales o 71,65% son de orixe croata (censo de 2011).
A rexión é coñecida polo seu clima, mar tranquilo e beleza natural. A cidade ten unha longa tradición na produción de viño, pesca, construción naval e turismo. Pula foi o centro administrativo de Istria desde a época romana, aínda que, hoxe en día, a capital do condado croata de Istria é Pazin (Pisino en italiano).
Coñecíase como Pietas Iulia na época romana.
Cultura miniatura| Anfiteatro romano de Pula miniatura| Mapa histórico do porto de Pula Como resultado da súa rica historia política, Pula é unha cidade cunha mestura cultural de pobos e linguas mediterráneas e centroeuropeas, antigas e contemporáneas. A arquitectura e urbanismo de Pula reflicte estas capas da historia. Os habitantes adoitan dominar linguas estranxeiras, especialmente o italiano, moitas veces tamén o alemán e o inglés. Dende o 30 de outubro de 1904 até marzo de 1905 o escritor irlandés James Joyce ensinou inglés na escola Berlitz; os seus alumnos eran principalmente oficiais navais austrohúngaros que estaban estacionados na base naval local. Mentres estivo en Pula, organizou a impresión local da súa obra The Holy Office (O Santo Oficio), na que se burlaba de William Butler Yeats e George Russell.
O médico Robert Koch traballou nas illas Brijuni próximas. Herman Potočnik (Hermann Noordung), enxeñeiro aeronáutico e pioneiro da cosmonáutica , tamén naceu en Pula. O compositor de ópera Antonio Smareglia naceu en Pula e volveu vivir alí. Tamén son da cidade Alida Valli, Laura Antonelli, Stjepan Hauser, violonchelista premiado e membro de 2Celllos, e Rossana Rossanda.
Patrimonio Pula, cidade antiga, posúe un rico conxunto de restos da época en que pertenceu ao Imperio Romano. O seu ex-libris máis famoso é o Anfiteatro, coñecido localmente como Arena, construído polo emperador Vespasiano no século I Atópase nun estado de conservación razoable, no que se celebran espectáculos. O recinto e o pequeno núcleo museístico, con artefactos atopados nas escavacións realizadas no anfiteatro, son visitados polos turistas.
Ademais deste gran monumento, hai un arco triunfal, o Arco de Sergio, un teatro e un pórtico, todos eles datados da época romana. Tamén hai un templo na praza central da cidade, dedicado ao culto imperial de Augusto, que foi transformado en museo.
Irmandamentos Cidades xemelgas:
Tréveris (desde 1971) Imola (desde 1972) Graz (desde 1972, cidade asociada desde 1961) Čabar (desde 1974) Varaždin (desde 1979) Verona (desde 1982) Kranj
Outras formas de asociación:
Segedin (Pedido asociación en 2003) Veles (Documento de amizade e cooperación cultural en 2002) Novorossijsk (Iniciado o protocolo de asociación e irmandamento en 1997)
Mantéñense fortes relacións de amizade e contactos continuos con outras cidades como:
Viena Varias cidades da rexión de Estiria Pécs Brno Hekinan (cidade croata hospedeira da EXPO 2005, parceria desde 2005) Villefranche-de-Rouergue (asocia desde 2005)
Galería de imaxes Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Departamento de Turismo de Pula Museo Arqueolóxico de Istra
Categoría:Vilas de Croacia Categoría:Imperio Austrohúngaro Categoría:Iugoslavia