miniatura|Elateroideo Os elateroideos (Elateroidea) son unha grande superfamilia de escaravellos. Comprende os frecuentes elatéridos, lampíridos e cantáridos e os seus parentes. Consta dunhas 25 000 especies.
Descrición A superfamilia Elateroidea é un grupo morfoloxicamente diverso, que inclúe escaravellos de corpo duro con 5 ventritas abdominais, outros de corpo mol con 7-8 ventritas conectadas con membranas (antes coñecidos como cantaroides), e outros con formas intermedias. Teñen unha gama de tamaños e cores ampla, pero en canto á forma, adoitan ser estreitos e de lados paralelos cando son adultos.
Moitos dos elateroideos esclerotizados (Cerophytidae, Eucnemidae, Throscidae, Elateridae) teñen un mecanismo de clic de resorte. Este é un gancho no protórax que encaixa nunha cavidade no mesotórax. Cando un destes escaravellos dobra o seu corpo, o gancho péchase na cavidade e pode despois soltarse, causando que o corpo do escaravello se endereite supetamente e choute no aire.
A maioría dos escaravellos con capacidade de bioluminescencia están incluídos nos Elateroidea, nas familias Lampyridae (~2000 especies), Phengodidae (~200 especies), Rhagophthalmidae (100 especies) e Elateridae (>100 especies).
As femias de varias liñaxes, incluíndo Lycidae, Lampyridae, Phengogidae e Rhagophthalmidae, non pupan e permanecen en forma larval. Esta característica crese que evolucionou independentemente polo menos tres veces dentro desta superfamilia.
Algúns Elateroidea, incluíndo especies de Cantharidae e Lycidae, teñen rechamantes cores aposemáticas para sinalar aos predadores que son velenosas e non se deberían comer.
Familias A validez e relacións dalgunhas familias, como Podabrocephalidae non están totalmente resoltas. A familia Rhinorhipidae foi recentemente sacada de elateroideos para formar a súa propia superfamilia, con probas de que é un taxon basal dentro de Elateriformia que data do Triásico superior/Xurásico inferior cando se separou doutras liñaxes de escaravellos existentes. Artematopodidae Lacordaire, 1857, escaravellos de plantas de corpo mol (= Eurypogonidae) Brachypsectridae Leconte & Horn, 1883 Cantharidae Imhoff, 1856 Cerophytidae Latreille, 1834 Elateridae Leach, 1815 (inclúen Ampedidae, Balgidae, Dicronychidae, Drilidae, Lissomidae, Plastoceridae, Prosternidae, Protelateridae, Pyrophoridae, Synaptidae) Eucnemidae Eschscholtz, 1829 (inclúen Anischiidae e Perothopidae) Iberobaeniidae Bocak et al., 2016 Jurasaidae Rosa, Costa, Klamp & Kundrata, 2020 Lycidae Omethidae LeConte, 1861 (inclúen Telegeusidae) Throscidae Laporte, 1840 (= Trixagidae) †Mysteriomorphidae Alekseev e Ellenberger, 2019 (Cretáceo) Clado Lampiroide †Cretophengodidae Li, Kundrata, Tihelka & Cai, 2021 (Cretáceo) Lampyridae Latreille, 1817 Phengodidae LeConte 1861 (inclúe Cydistinae) Rhagophthalmidae Olivier, 1907 (ás veces en Phengodidae, poderían pertencer a Lampyridae) Sinopyrophoridae Bi & Li, 2019 Incertae sedis: †Anoeuma Li, Kundrata & Cai, 2022 (Cretáceo)
Filoxenia Algunhas análises filoxenéticas morfolóxicas e moleculares atorparon que Byrrhoidea é un grupo monofilético ou parafilético estreitamente relacionado con Elateroidea.
Baseado en Kusy et al. 2018 e 2020
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Tree of Life - Elateroidea
Categoría:Elateriformia