Chris Van Allsburg, nado o 18 de xuño de 1949 en Grand Rapids, Míchigan, é un escritor e ilustrador estadounidense especializado en literatura infantil. É mundialmente coñecido por ser o autor dos bestsellers The Polar Express, Jumanji e Zathura, os tres adaptados para o cine.
Traxectoria
Formación Chris estudou na Escola de Artes da Universidade de Míchigan e obtivo o seu máster na Escola de Deseño de Rhode Island (RISD).
Vida persoal Chris Van Allsburg vive en Providence, Rhode Island, coa súa muller Lisa e dúas fillas; Sofía e Ana.
Carreira Converteuse nun premiado autor de libros infantís, xa no seu primeiro libro, The Garden of Abdul Gasazi, que en 1980 recibiu a Medalla de Honra Caldecott, o mesmo aconteceu en 1982 e 1985, con Jumanji e The Polar Express, respectivamente.
Obra Os seus libros adoitan traer como temática eventos fantásticos, descontrolados e ás veces empregando a crúa ironía. Allsburg escapa do lado inocente e cómodo da literatura infantil e explora o lado máis escuro da natureza humana. Un bo exemplo diso está no seu libro The Sweetest Fig (O figo máis doce), cuxo tema é a historia dun home moi egoísta que de súpeto consegue facer realidade os seus desexos máis salvaxes. A súa cobiza acaba sendo a causa da súa caída -o que non é unha lección moral infrecuente, nos libros infantís-, pero Allsburg consegue dar unha frialdade na caracterización do personaxe que imprime un ton aterrador á narración.
En The Wretched Stone, toda a tripulación dun barco está hipnotizada e controlada pola pedra do título, unha alegoría cruel sobre o efecto negativo da televisión.
O seu tema tamén inclúe os soños, os suburbios ou obxectos que teñen vida propia (como os xogos de mesa de Jumanji e Zathura). Unha presenza constante nos seus libros é Fritz o can.
Libros e ilustracións Varios dos seus libros foron traducidos ao portugués e ao castelán. É coñecido principalmente polas versións cinematográficas da súa obra. Allsburg escribiu ou ilustrou os seguintes libros: NomeEscrito por elIlustrado por elAdaptación cinematográficaBad Day at RiverbendBen's DreamThe Garden of Abdul GasaziJumanjiJust a DreamThe Mysteries of Harris BurdickThe Polar ExpressThe StrangerSwan LakeThe Sweetest FigTwo Bad AntsThe Wreck of the ZephyrThe Wretched StoneThe Widow's BroomThe Z Was ZappedZathura
Nota: The Mysteries of Harris Burdick, unha colección de libros de Allsburg na que unha páxina contén unha ilustración e a seguinte ten unha frase, supostamente recuperada dunha obra máis grande, está inspirada en Nightmares and Dreamscapes de Stephen King. Allsburg tamén foi o ilustrador dalgúns números da serie The Chronicles of Narnia de C. S. Lewis.
Notas
Véxase tamén
Animación Animación por ordenador Guión Ilustración (deseño gráfico) Literatura infantil Literatura infantil e xuvenil
Ligazóns externas
Páxina web de Chris Van Allsburg (en inglés).
Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Ilustradores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1949