A tetanolisina é unha toxina producida pola bacteria Clostridium tetani. A súa función é descoñecida, pero crese que contribúe á patoxénese do tétano. A outra toxina producida por C. tetani é a tetanospasmina, que está claramente ligada ao tétano. A tetanolisina é sensible ao oxíxeno.
A tetanolisina pertence a unha familia de toxinas proteicas chamadas citolisinas activadas por tiol, que se unen ao colesterol. Está relacionada coa estreptolisina O e a θ-toxina de Clostridium perfringens. As citolisinas forman poros na membrana plasmática que permiten o paso de ións e outras moléculas cara ao interior da célula. O peso molecular da tetanolisina é de arredor de 55 000 daltons.Tetanolysin
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Alouf, J. (1997) pp 7–10 in Guidebook to Protein Toxins and Their Use in Cell Biology, Ed. Rappuoli, R. and Montecucco, C. (Oxford University Press). Ahnert-Hilger, G., Pahner, I., and Höltje, M. (1999) Pore-forming Toxins as Cell Biological and Pharmacological Tools. In press. Conti, A., Brando, C., DeBell, K.E., Alava, M.A., Hoffman, T., Bonvini, E. (1993) J. Biol. Chem. 268, 783-791. Raya, S.A., Trembovler, V., Shohami, E. and Lazarovici, P. (1993) Nat. Toxins 1, 263-70.
Categoría:Toxinas bacterianas