A lingua seri (que na súa propia lingua é chamada: cmiique iitom) é unha lingua indíxena falada por entre 716La situación sociolingüística de la lengua seri en 2006. e 900Ethnologue report for Seri persoas pertencentes ao pobo seri, que habita en Punta Chueca e El Desemboque, dúas aldeas na costa de Sonora, México. A lingua é xeralmente considerada como illada, mais intentouse incluíla na teórico familia de linguas hokanas. Non se atoparon evidencias concretas de conexións con outras linguas.

Os primeiros rexistros da lingua seri son do ano 1692, mais a poboación permaneceu bastante illada. Os traballos de investigación sobre a lingua seri comezaron en 1951 por Edward e Mary Beck Moser co Summer Institute of Linguistics.

A lingua é viable dentro da súa comunidade e úsase libremente na vida cotiá. As excepcións inclúen a escola primaria e secundaria, algunhas partes dos servizos da igrexa locais e as comunicacións con falantes de castelán fóra da comunidade seri. A maioría dos membros da comunidade, incluídos os mozos, dominan a súa lingua, mais a poboación de falantes é pequena e o coñecemento cultural foi diminuíndo dende que o estilo de vida tradicional de cazadores-recolectores foi substituído esencialmente na década de 1930 por asentamentos fixos. Ademais, moitos nenos xa non dominan a lingua por diversos motivos (escolas, Internet ou relacións sociais fóra da comunidade) e algúns nenos son completamente monolingües en castelán. Por estes motivos, o seri está catalogado como lingua vulnerable pola UNESCO.

Clasificación A familia seri é unha familia lingüística, co seri como único membro vivo; as linguas relacionadas desapareceron nos últimos séculos. Fixéronse intentos de vinculala á familia yuman, á agora extinta lingua salinan de California e á hipotética familia hokana, moito máis grande.For discussion of the Hokan question, see Campbell (1997), Marlett (2007) and Marlett (2011). For discussion of the relationship with Salinan, see Marlett (2008). Estas hipóteses producíronse nunha época na que se tentaba agrupar en familias todas as linguas de América. Porén, no caso do seri nunca se determinaron probas abondas. Mentres non se presenten e avalíen tales probas, a lingua considérase máis axeitadamente como illada.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Linguas de México Bibliografía

Hernández, Fortunato. (1904). Lengua seri o kunkáak. In Las razas indígenas de Sonora y la guerra del Yaqui, 237–294. Mexico City: J. de Elizalde.

Marlett, Stephen A. (2008b). "Stress, Extrametricality and the Minimal Word in Seri". Linguistic Discovery 6.1.

Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas illadas