Magma é unha banda francesa de rock progresivo fundada en París en 1969 polo batería con formación clásica Christian Vander, quen reivindicou como inspiración unha "visión do futuro espiritual e ecolóxico da humanidade" que o inquietou profundamente. No seu primeiro álbum, Magma, a banda conta a historia dun grupo de xente que foxe dunha condenada Terra para establecerse no planeta Kobaïa. Posteriormente xorde o conflito cando os Kobaïanos, descendentes dos colonos orixinais, atópanse con outros refuxiados da Terra. O estilo de rock progresivo que Vander desenvolveu con Magma chámase "zeuhl", e foi usado por outras bandas en Francia activas durante o mesmo período, e por algunhas bandas xaponesas recentes.
Vander creou unha linguaxe ficticia, o Kobaïan, na cal se canta a mairía dos temas. Nunha entrevista en 1977 con Vander e co vocalista da banda Klaus Blasquiz, Blasquiz dixo que o Kobaïan é un "idioma fonético feito con elementos de linguas eslavas e xermánicas para ser capaz de expresar musicalmente algunhas cousas. A linguaxe ten por suposto un contido, pero non palabra a palabra". Álbums posteriores contan historias diferentes ambientadas en épocas máis antigas; porén, o Kobaïan mantense como unha parte integral da música.
En 1986 fundouse o selo francés Seventh Records para publicar material de Magma e de Vander. Ao longo dos anos, Seventh tamén editou álbums de artistas relacionados como Stella Vander, Patrick Gauthier, e Collectif Mu.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloMagma1970Philips Records1001° Centigrades1971Philips RecordsMëkanïk Dëstruktïẁ Kömmandöh1973A&M Records, Vertigo RecordsẀurdah Ïtah1974Egg RecordsKöhntarkösz1974A&M Records, Vertigo Records, Seventh DayÜdü Ẁüdü1976A&M Records, Utopia, Seventh DayAttahk1978Eurodisc, Tomato RecordsMerci1985Jaro RecordsMekanïk Kommandöh1989Seventh DayK.A (Köhntarkösz Anteria)2004Seventh DayËmëhntëhtt-Ré2009Seventh DayFélicité Thösz2012Seventh DayRïah Sahïltaahk2014Seventh DayŠlaǧ Tanƶ2015Seventh DayZëss2019Seventh Day
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Grupos musicais de Francia Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais formados en 1969