miniatura|240px|En voo Netta erythrophthalma é unha especie de ave de aves da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos aitinos, unha das tres integradas no xénero Netta.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1833 polo naturalista alemán Maximilian zu Wied-Neuwied.Netta erythrophthalma (Wied-Neuwied, 1833) no GBIF. Consultado o 1 de decembro de 2022.Netta erythrophthalma (Wied-Neuwied, 1833) na BioLib., baixo o nome de Anas erythrophthalma.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén poloa sinónimos: Anas erythrophthalma Wied-Neuwied, 1833 (protónimo) Metopiana erythropthalma (Wied-Neuwied, 1833) Nyroca brunnea Eyton, 1838

Subespecies Na especie recoñécense dúas subespecies: Netta erythrophthalma brunnea (Eyton, 1838) Netta erythrophthalma erythrophthalma (Wied-Neuwied, 1833)

Distribución e hábitat A subespecie N. e. erythrophthalma distribúese en América do Sur: en Venezuela, Trinidad e Tobago, Colombia, Ecuador, Perú, Brasil, Bolivia, Arxentina e Chile.

A subespecie N. e. brunnea en África: en Angola, Botsuana, Burundi; República Democrática do Congo, Eritrea, Etiopía, Kenya, Lesotho, Malawi, Mozambique, Namibia, Ruanda, Somalia e Suráfrica, Sudán, Eswatini, Tanzania, Uganda, Zambia e Zimbabwe.

miniatura|esquerda|230px|Unha bandada na lagoa de Tremembé, estado de São Paulo

Necesitan auga doce cunha rica vexetación somerxida. Viven xenalmente en lagos, lagoas ou pantanos de diferentes tamaños e profundidades, permanentes ou temporais. No Brasil ampliaron a súa área de distribución aos encoros que se construíron na meseta central. En Venezuela, tamén vive nos campos de arroz. Polo xeral, evita os ríos e as augas turbias.

A subespecie suramericana ten un rango de distribución fragmentado e encóntrase desde Colombia até Chile, pasando por Venezuela, o Brasil, Ecuador, o Perú, Bolivia e a Arxentina até Chile. Encóntrase nunha ampla variedade de augas doces pouco profundas con vexetación somerxida, desde as terras baixas até os 3 700 m.

A subespecie africana encóntrase desde o Cabo até as terras altas de Etiopía en masas de auga con ou sen vexetación emerxente. Sospéitase que no pasado foron migrantes, pero a construción de numerosos diques agrícolas parece permitilles un estilo de vida máis sedentario. Alcanzan as concentracións máis altas nas mesetas centrais de África e na rexión de chuvias invernais do suroeste.

Características Netta erythrophthalma alcanza unha lonxitude de 48 a 51 cm.Kear, Janet, Hrsg. (2005): Ducks, Geese and Swans. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-1985.4645-9

En voo nótase que as ás se despregan relativamente lonxe do tronco.

Presenta un notorio dimorfismo sexual: O macho ten a cabeza negra e o pescozo morado. O iris é vermello. O peito é negro brillante, mentres que o resto do corpo é marrón escuro, case uniforme ou caoba. A plumaxe do dorso é marrón ou verde oliváceo. A cola e o ventre e o manto son avermellados. As plumas da cola son de cor marrón anegrada e a superficie superior da á é negra. O pico é de cor azul agrisada cun cravo negro. As patas son de cor azul agrisada a negra.

A plumaxe da femia é predominantemente de cor castaña avermellada e no dorso marrón máis escuro, mentres que os flancos son máis avermellados. A cara é de cor branca na base do pico e nunha media lúa entre o pescozo e os ollos.

Desde o final do pico á crista debúxase unha ampla banda de cor marrón. O iris é de cor marrón. O pico é de cor gris lousa.

Inmaturos As aves novas parécense á femia adulta, pero as marcas brancas da cara nótanse menos. Os patiños son de cor castaña olivácea na parte posterior do pescozo e no dorso. A fronte, a garganta e a cara son de cor amarela pálida.

Bioloxía Comportamento Esta especie é parcialmente migratoria e fai viaxes locais e de longa distancia polo sur de África. Congrérganse na parte central da súa área de distribución (Zambia, Tanzania) na metade do ano co fin de aparearse. Durante a temporada de reprodución encóntrase xenalmente en parellas ou en pequenos grupos. Durante a temporada non reprodutiva a especie é relativamente sociábel, con bandadas de varios centos de aves (unha concentración de 5 000 aves rexistrouse unha vez). Estas concentraciónes grandes polo xeral só se producen durante a estación seca, baixo a presión da redución das superficies de auga.

Alimentación Netta erythrophthalma é máis activa buscando o seu alimento pola mañá cedo, e despois pola noite. No intervalo pasa tratando de descansar na beira ou na auga. Busca seu alimento principalmente mergullándose. Come vegetais que afloran sobre a superficie da auga, pero aliméntase principalmente de sementes de plantas acuáicas e, en menor proporción, das partes verdes das plantas. Consome arroz. E aínda que a súa dieta é principalmente vexetariana come tamén escaravellos, caracois, formigas, hemípteros e crustáceos.BirdLife International (2016): Netta erythrophthalma na Lista vermella da UICN. Consultada o 1 de decembro de 2022.

Reprodución Constrúe un niño en forma de cubeta con material vexetal, que adoita estar ben escondido na vexetación de altura emerxente, como papiros, canas o xuncos, xa sexa por encima da auga, ao longo da terra ou sobre a herba alta nna auga. Ten un diámetro de 17,5 a 28 cm e de 10 a 23 cm de profundidade. Ocasionalmente serven como niños os buratos antigos de formigueiros o niños vellos doutras aves acuáticas.

Os ovos son de cor branca a castaña clara. Só a femia os incuba. O período de incubación é de 23 a 26 días, no curso do cal debilítase o vínculo de parella entre macho e femia. Por regra xeral, os machos deixan ás femias a cría e retíranse á zona de muda. Ás veces os machos mantéñense canda a femia. Os pitos empluman despois de 7 a 8 semanas. Alcanzan a madurez sexual no seu primeiro ano.

Ameazas A poboación suramericana desta especie sufriu un gran descenso, posibelmente debido á degradación do hábitat (a sedimentación causada pola erosión do solo degrada as masas de auga ricas en plantas preferidas pola especie). En África a subespecie está ameazada pola transformación das zonas húmidas en terras agrícolas, e polas capturas nas redes de enmalle . A especie tamén é susceptible ao botulismo aviar, polo que pode verse ameazada por futuros brotes da enfermidade.van Heerden, J. (1974): "Botulism in the Orange Free State goldfields". Ostrich 45 (3): 182-184.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, e a pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tendencia da poboación. Por estes motivos a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. (Ducks, Geese and Swans). Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5. del Hoyo, J., Elliot, A. & Sargatal, J. (1992): Handbook of the Birds of the World, Volume 1: Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-10-8. Maclean, G. L. et al. (1977): "Southern Pochard" en [http://www.adu.uct.ac.za/sites/default/files/image_tool/images/352/past_projects/sabap_1/SABAP1_Introduction.pdf The atlas of southern African birds. Volume 1: Non-passerines] . ISBN 0-6202-0730-2. Outros artigos Anseriformes Anátidos AitinosNetta''

Ligazóns externas Southern Pochard Netta erythrophthalma brunnea .

Categoría:Netta Categoría:Aves de América do Sur Categoría:Aves de África Categoría:Taxons descritos por Maximilian zu Wied-Neuwied Categoría:Animais descritos en 1833