Belmiro Mendes de Azevedo, nado o 17 de febreiro de 1938 e finado o 29 de novembro de 2017, foi un empresario portugués, clasificado por Forbes entre os máis ricos do mundo (a 605ª persoa máis rica do mundo en 2008), así como a terceira persoa máis rica de Portugal, cunha riqueza estimada en 2000 millóns de dólares estadounidenses. Posuía unha participación de control en Sonae SGPS, un dos maiores grupos empresariais de Portugal, que tamén opera nos estados de España, Grecia, Alemaña, Italia, Turquía e Brasil.

Sonae é líder portugués no sector inmobiliario e venda retallista, e tamén ten investimentos en telecomunicacións, turismo, capital risco e medios de comunicación de masas. En 2006, Sonae lanzou unha oferta hostil sen éxito para controlar Portugal Telecom (PT), o maior operador portugués de telecomunicacións.

Traxectoria Azevedo, carpinteiro e fillo dun xastre de Marco de Canaveses, era licenciado en enxeñaría química pola Universidade do Porto e MBA pola Universidade Harvard.

As accións de Azevedo foron adquiridas ao patrimonio do falecido banqueiro Afonso Pinto de Magalhães quen, a través do seu banco Banco Pinto de Magalhães, posuía a totalidade de Sonae. Magalhães puxo a Azevedo á fronte de Sonae durante os convulsos anos posteriores á Revolución dos Caraveis de 1974 que culminou coa toma da empresa polo Goberno. Foi o éxito de manter a empresa en funcionamento durante estes anos, ademais da tamén exitosa recuperación da propiedade da empresa, o que levou á familia do banqueiro falecido a ceder o control de Sonae a Azevedo, pero non antes dunha prolongada batalla xudicial entre este e os fillos do banqueiro, a quen Azevedo acusou de incompetencia e arrogancia.

Estaba casado con María Margarida Carvalhais Teixeira e tivo tres fillos: Duarte Paulo Teixeira de Azevedo, nado o 31 de decembro de 1965 e casado con Nicole Katharina Gerkrath, sucesora do seu pai na empresa, María Cláudia Teixeira de Azevedo e Nuno Miguel Teixeira de Azevedo, que tamén seguiu os pasos do seu pai no negocio familiar.

Faleceu no Hospital CUF de Porto, o 29 de novembro de 2017.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Breve biografía de Belmiro de Azevedo na revista Forbes, 2006

Categoría:Alumnos da Universidade do Porto Categoría:Empresarios de Portugal Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados en 1938 Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Enxeñeiros de Portugal Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade do Porto